HomesociedadeNinguén pola rúa a partir das 6 da tarde en Quiroga

Ninguén pola rúa a partir das 6 da tarde en Quiroga

Este martes o rexedor local facía un chamamento a todos os veciños para que “non saian dos seus domicilios a partir das seis da tarde”, saír soamente para cumprir coas súas obrigacións laborais, para mercar ou por motivos médicos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta é a recomendación que fai o alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, tras coñecerse a complicada situación que está vivindo este días Quiroga. O Sergas informou esta mañá que o concello ten nestes momentos dezasete casos positivos de Covid-19. Mentres séguense a facer probas PCR a todos aqueles contactos directos con estes positivos, para detectar posibles novos casos.

O concello pecha, por cautela, o Centro de Día, a Unidade de Atención Temperá, todas as actividades da Casa da Cultura e os ximnasios. Estes peches únense ás instalacións deportivas, aos parques infantís e ás instalacións do Centro Social que se pecharon xa a pasada semana.

Tamén se intensificaron as medidas de desinfección tanto cun tractor con pulverizador que recorre as rúas da vila e dos demais núcleos de poboación, como manualmente, naquelas entradas de edificios  máis concorridas. 

Como medida preventiva, todos os traballadores municipais someteranse a probas PCR, aínda que polo momento non se detectou ningún caso en ningún departamento.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...