IniciosociedadeComézase a notificar a resolución do cento de alegacións presentadas ao Plan...

Comézase a notificar a resolución do cento de alegacións presentadas ao Plan Especial de Monforte

O concello de Monforte comeza a notificar as resolucións das alegacións que foron presentadas durante o período de exposición pública do Plan Especial do Conxunto Histórico-Artístico de Monforte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Estando en curso as notificacións ós titulares catastrais de acordo co establecido na Lei do Solo de Galicia, a partir da próxima semana procederase a realizar as notificacións da resolución das 100 alegacións que foron presentadas durante o período de exposición pública.

A aprobación definitiva do Plan Especial do Conxunto Histórico-Artístico supón un fito histórico para Monforte, xa que por primeira vez na súa historia democrática a cidade conta cunha regulación urbanística específica, destinada a protexer o noso patrimonio histórico, artístico e cultural.

Alcalde destaca que “o Plan Especial de Monforte significa unha aposta decidida pola recuperación dos nosos valores coma cidade histórica, no que se teñen en conta as necesidades dos cidadáns que se ven afectados por esta regulación, pero no que tamén se atende ó interese común de todos os monfortinos e monfortinas, coa finalidade de protexer a nosa propia idiosincrasia cultural e histórica. En definitiva, o Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico-Artístico de Monforte, constitúese nun documento imprescindible para a rehabilitación do noso Casco Histórico”.

Antecedentes

O actual Alcalde, José Tomé Roca, e o seu Equipo de Goberno, comezaron a traballar no Plan Especial en xuño de 2015, momento no que se reactivaron os traballos para a elaboración do mesmo. Con data 10 de xullo de 2017, a Xunta de Goberno levou a cabo a aprobación inicial do Plan Especial para sometelo a exposición pública. E finalmente o día 16 de novembro do 2020 o Plan foi aprobado definitivamente polo Pleno da Corporación de Monforte.

Coa aprobación do Plan Especial, o Concello é competente para autorizar as intervencións previstas nel, tanto para os 509 edificios catalogados a protexer, como para os 585 non catalogados, comunicando trimestralmente á Consellería as autorizacións dadas.

O Plan Especial produce por primeira vez unha valoración do estado das edificacións e das necesidades da súa rehabilitación. Así, fai unha avaliación estimada do que representa a recuperación integral do conxunto declarado, nun horizonte de 16 anos: 

  • Repoñer en uso 281 vivendas hoxe desocupadas, e mellorar as condicións de habitabilidade de outras 154 vivendas ocupadas.
  • Rehabilitar e mellorar espazos en plantas baixas de locais comerciais e outros usos complementarios da edificación.

O Plan Especial fai unha aproximación en detalle para abordar a consolidación dos grandes parques na contorna da Muralla e no seu interior, reservados xa desde as Normas Subsidiarias pero que ata agora ningún goberno municipal levou a cabo, que aportarán definitivamente un valor ambiental singular ó noso Monumento máis senlleiro, para disfrute e aproveitamento dos cidadáns e especial atractivo para os visitantes.

O Plan Especial foi sometido a información pública durante máis de 5 meses, case 6 meses (DOG do 3 de agosto de 2017 ata o 16 de xaneiro de 2018). Notificouse individualmente a 2.389 interesados, atendéronse presencialmente consultas sobre 258 inmobles e recibíronse 100 alegacións, sobre as que se emitiron informes técnicos que propoñen a aceptación total ou parcial de 48 alegacións, e a desestimación de 52 alegacións.

Do mesmo xeito, recibíronse informes da Axencia Galega de Infraestruturas, da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, da Consellería de Facenda, da Secretaría Xeral de Patrimonio, da Deputación Provincial de Lugo, da Dirección General de Política Energética y Minas, do Ministerio de Hacienda, da Dirección General de Patrimonio del Estado y de la Subdelegación do Goberno en Lugo. Igualmente recibíronse informes preceptivos e vinculantes favorables da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural e, previo á aprobación definitiva, da Dirección Xeral de Urbanismo e Ordenación do Territorio.

ÚLTIMAS

Sober pon en marcha o proxecto ‘O SAF actívate’

O Concello de Sober pon en marcha o proxecto ‘O SAF actívate’ co que...

Bóveda sementa a igualdade nos equipos locais de fútbol

O Goberno local de Bóveda prosegue coa campaña ‘Sementando igualdade’, que esta vez chegará...

Reestablécese o subministro de auga nas parroquias de Monforte

A avaría, que tivo lugar o pasado día 26 de febreiro, provocou unha falta...

O PP de Monforte acusa a Tomé “de tapar os problemas de abastecemento con bombas de fume como a supresión dos pasos a nivel”

A voceira do PP de Monforte, Katy Varela, tras ver como que as parroquias...