HomesociedadeCasos activos nos centros de atención á discapacidade de Chantada e Bóveda

Casos activos nos centros de atención á discapacidade de Chantada e Bóveda

A Xunta suspendeu as saídas de fin de semana para os residentes nos centros de atención á disacapacidade de Galicia ante o empeoramento da evolución da pandemia.

Publicado o

POR
Redacció
- Advertisement -

Nun comunicado, a Consellería de Política Social apunta que a medida será revisada unha vez conclúa o proceso de vacinación nas residencias e a inmunidade de usuarios e traballadores estea garantida. Así mesmo, o réxime de visitas nestes centros manterase limitado a unha á semana por cada persoa de referencia cunha duración máxima dunha hora.

Nestes momentos, os centros de atención á discapacidade contabilizan un total de 72 casos de covid-19 entre usuarios e outros 29 entre traballadores.

A maior parte dos contaxios están focalizados en dous centros: o Padre Menni de Betanzos, con 41 usuarios infectados e 14 positivos no seu persoal de empregados; e A nosa Señora de Fátima e Cristo rei de Crecente, con 29 casos nos seus residentes e seis entre os seus traballadores.

Tamén hai casos de covid-19 entre os usuarios da residencia de Bergondo e na DomusVi de Bóveda. Pola súa banda, no apartado de traballadores infectados, a Aspace de Sada mantense con dous casos no seu persoal, hai tres na residencia de Bergondo e un no CAPD da Coruña, a Casa Lamastelle de Oleiros, a DomusVi Bóveda e a RPD Aseme de Chantada.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Entre presuntos anda o xogo

As acusacións feitas públicas nun programa dunha cadea estatal son da máxima gravidade. Se...

A oposición de Monforte pide a dimisión de Tomé

Tres horas antes do pleno, Tomé ofrecía unha rolda de prensa na sede dos...

Quiroga inicia o 18 de decembro un Nadal de cultura e lecer

O programa ábrese o 18 de decembro coa tradicional cea de Nadal que o...

O 15 de decembro comeza a funcionar en Monforte o servizo de Bus Rural

O novo autobús percorrerá as 26 parroquias do Concello de Monforte, dando servizo de...