HomesociedadeRibas de Sil pide precaución e confianza á veciñanza

Ribas de Sil pide precaución e confianza á veciñanza

Este sábado, 23 de xaneiro, fixo público un comunicado, ante o aumento de casos positivos na comarca, especialmente o veciño Concello de Quiroga.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Ante o preocupante ascenso de casos positivos o Alcalde do Concello de Ribas de Sil, Miguel Ángel Sotuela, dirixiuse á poboación cunha mensaxe na que lles pide responsabilidade ás veciñas e veciños. Tamén ofrece axuda ás familias e expresa a súa confianza nas decisións das autoridades sanitarias.

Respecto á poboación, fai unha petición clara e directa, expresándose nestes termos: “Queremos pedir a tódolos veciños que extremen as precaucións para evitar a propagación do virus. Todos debemos de comportarnos coma se foramos positivos, usando permanentemente a mascarilla, permanecendo na casa, mantendo a distancia social, hixiene de mans, etc”.

Traslada tamén a súa confianza nas autoridades sanitarias competentes respecto ás decisións que afecten á poboación e di neste senso o rexedor de Ribas de Sil que “cremos que non lle corresponde ao Concello de Ribas de Sil propoñer liñas de acción distintas das que neste momento se están tomando porque pensamos que poden trasladar mensaxes contraditorias que poden confundir aos veciños”.

Como remate do comunicado público ofrécese axuda, en especial a aqueles veciños e/ou veciñas detectados como positivos, para calquera necesidade que se lles presente; dende a realización da compra, adquisición de medicamentos, etc.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...