HomesociedadeAs restricións responden a intereses sanitarios ou políticos?

As restricións responden a intereses sanitarios ou políticos?

Non todos no Goberno galego están a favor das novas restricións que, de facto, supoñen case un novo confinamento. Unhas medidas que teñen e terán un forte impacto na economía do país. Por iso, no Comité Clínico tamén se discutiron outras posibilidades, entre elas, as de adiantar o toque de queda ás 20.00 horas e evitar, deste xeito, medidas máis restrictivas como ás que, finalmente, se adoptaron.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O presidente da XuntaAlberto Núñez Feijóo, participaba este luns nun longo Comité Clínico que remataba cun novo confinamento. Unhas medidas que foron amplamente discutidas e debatidas no seo dese comité e no que, ademais de decisións sanitarias, tamén pesaron as decisións políticas á hora de adoptalas. De feito, a indefinición das medidas ata case o mesmo momento da comparecencia de Feijóo provocou ordes e contraordes en distintos departamentos.

Esas novas medidas recollen o peche perimetral de todos os concellos, a limitación das relacións socias a convivintes, a suspensión de toda a actividade non esencial, as restricións ás prácticas deportivas, o peche da hostalaría, de toda a actividade cultural e dos comercios a partir das 21.00 horas e tamén o peche de universidades, centros da EOI e conservatorios.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...