HomesociedadeCribado en Sarria para detectar asintomáticos positivos

Cribado en Sarria para detectar asintomáticos positivos

O xerente da Eoxi, Ramón Ares, aseguraba este xoves, 28 de xaneiro, que mañá pola tarde o Sergas comeza en Sarria un cribado masivo entre a poboación san que non ten sintomatoloxía.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -


Os pacientes con Covid-19 hospitalizados en Unidades de Coidados Intensivos (UCI) volveron a incrementarse ata os 193
, tras superar este mércores (178) o pico máximo rexistrado en Galicia na primeira onda (177 notificados o 4 de abril), mentres que os contaxios diarios baixaron a 1.468 –uns cen menos que a xornada a anterior.

Na área de Lugo baixa nun ata os 57 os pacientes noutras unidades con Covid e mantéñense en 15 os ingresados en UCI. Neste contexto, o centro de saúde de Sarria acollerá desde este venres pola tarde a realización dos test de antíxenos ás 1.500 persoas que se citarán nos próximos días para realizar o cribado.

Citarase ás persoas por SMS para realizar unha media de 120 probas diarias. As persoas invitadas teñan entre 30 e 60 anos, exclúense os que están en confinamento ou xa fixeron a PCR porque o obxectivo deste cribado é detectar asintomáticos positivos.

Ramón Ares explica que se fai en Sarria porque se están escollendo para estas probas os concellos nos que está aumentando de forma importante a incidencia acumulada, “en función da dispoñibilidade de equipos irémonos achegando aos concellos onde temos capacidade loxística e a necesidade epidemiolóxica así o aconsella”. No concello de Sarria véñense de comunicar 7 novos contaxios na residencia Nosa Señora do Carme.

Estes cribados poboacionais forman parte da estratexia para cortar as cadeas de transmisión nesta pandemia. Tamén en Quiroga comeza o cribado na vindeira semana.

ÚLTIMAS

O Colexio Escolapios de Monforte estará na fase nacional da VI Ciberliga

O equipo formado por Pau López, Xavier Velázquez, Sergio Méndez, Adrián Rodríguez e Mauro...

Aberto o prazo de reservas para as rutas en catamarán pola Ribeira Sacra

As persoas interesadas en realizar estas viaxes poden adquirir os seus billetes a través...

2,6M€ para mellorar a pista do canal en Monforte e dar acceso á futura praia fluvial

O rexedor monfortino puxo en valor a importancia desta obra para a trama urbanística...

30.000€ na mellora da sinalización dos recursos turísticos de Quiroga

A maioría da inversión centrouse no cambio dos paneis explicativos colocados en puntos destacados,...