HomesociedadeA Deputación mellora o local social da Asociación de Veciños de Camponarai,...

A Deputación mellora o local social da Asociación de Veciños de Camponarai, no Saviñao

Grazas á colaboración económica da institución provincial, levarase a cabo a construción dun baño mixto adaptado para mellorar a calidade de vida dos usuarios e usuarias deste colectivo da parroquia de Segán.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Deputación de Lugo colabora coa Asociación de Veciños de Camponarai, no concello  do Saviñao, para a mellora das instalacións do local social. A actuación conta cunha achega de 2.000 euros para a construción dun baño mixto adaptado, que permitirá a todas as persoas con mobilidade reducida un mellor uso das instalacións.

O Presidente subliñou “o compromiso da Deputación co tecido asociativo da provincia para mellorar dotacións e servizos públicos e comunitarios que contribúan a mellorar a calidade de  vida dos veciños e veciñas, e a fixar poboación”.

A Asociación de Veciños de Camponarai, na parroquia de Segán, pertencente ao concello do Saviñao, naceu en 2011 co obxectivo de estreitar lazos entre os veciños e veciñas ao mesmo tempo que se buscaba dinamizar o lugar, reunirse, compartir e promover actividades e experiencias. Este colectivo desenvolve, dende os seus inicios, actividades gastronómicas, culturais ou deportivas, entre outras.

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...