HomesociedadeMonforte restaura a cuberta da Praza de Abastos

Monforte restaura a cuberta da Praza de Abastos

O Concello de Monforte destina á licitación para a mellora e restauración da cuberta da Praza de Abastos, un orzamento de 67.967,27 euros. Unha vez publicado o anuncio para a presentación de ofertas, que tivo lugar o día 27 de xaneiro, o prazo para a presentación das mesmas rematará o vindeiro 17 de febreiro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este proxecto de mellora suporá a adecuación da cuberta do edificio da Praza de Abastos ó entorno no que se atopa, por ubicarse nun entorno protexido, e no que a calidade da cuberta actual non se adecúa a aquel, ó estar resolta con placas de fibrocemento visto.

Polo tanto, procederase á substitución das placas de fibrocemento actuais por outras novas, executando así unha cuberta de fibrocemento con acabado de cuberta de tella cerámica mais acorde co entorno onde se atopa o edificio, ó mesmo tempo que se mellora o comportamento térmico da citada cuberta.

Na zona onde a Praza só dispón de planta baixa, substituirase a cuberta de chapa existente por outra nova de panel sándwich, resolvendo os encontros con chemineas, ventilacións, canlóns ou paramentos verticais, tanto desta nova cuberta coma da existente baixo as placas solares.

Ademais, aproveitarase a intervención na cuberta para instalar dúas chemineas de ventilación en previsión de que nun futuro se poida levar a cabo a creación de postos de procesado e venda de alimentos no interior do edificio.

O Alcalde sinala que “o noso obxectivo é, dunha banda, rehabilitar e mellorar a cuberta da Praza de Abastos, que presenta certas deficiencias, e doutra, aproveitar a citada obra de rehabilitación para a instalación de dúas chemineas que doten de ventilación a zona dos postos, facilitando deste xeito a posibilidade de que se poidan crear postos para a venda de alimentos procesados. Seguimos así desenvolvendo o noso plan de mellora de infraestruturas urbanas da nosa cidade, neste caso para solventar as deficiencias da cuberta dun edificio tan importante na nosa cidade como o é a Praza de Abastos”.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...