HomesociedadeO 3 de febreiro Monforte celebra un San Blas sen santo

O 3 de febreiro Monforte celebra un San Blas sen santo

A Parroquia da Régoa informa de que non se vai baixar a imaxe de San Blas de San Vicente, porque non se van poder pasar as cintas pola imaxe. Tampouco se venderán cintas, e nos actos litúrxicos so se bendicirán as cintas e rosquillas que a xente previamente traia consigo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Monforte colabora un ano máis coa festividade de San Blas, que terá lugar o vindeiro mércores 3 de febreiro, e neste senso o Alcalde, José Tomé Roca, recorda que, “por mor da situación derivada da crise sanitaria da Covid-19, será especiamente necesario cumprirse todas as medidas de hixiene e distanciamento social establecido polas autoridades sanitarias”.

Os horarios das misas serán:

  • Na igrexa da Régoa: ás 11 da mañá, a misa principal, e ás 6 da tarde.
  • Na igrexa dos Escolapios: ás 7 da tarde.

As restricións de aforo limitan a un terzo a capacidade dos templos. Deste xeito os aforos serían:

  • Na igrexa da Régoa: máximo de 70 persoas
  • Na igrexa dos Escolapios: máximo de 100 persoas.

Ademais, deberán cumprirse todas as medidas de hixiene e distanciamento social, e segundo a nova normativa, non estarán permitidos actos no exterior dos templos.

As misas serán retransmitidas en directo polo Facebook da Parroquia da Régoa (@RegoaMonforte).

ÚLTIMAS

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...