IniciosociedadeSoben a 21 os pacientes en UCI na provincia

Soben a 21 os pacientes en UCI na provincia

O número de persoas hospitalizadas en Lugo é case un cento.

Publicado o

- Advertisement -

A ocupación das UCI dos hospitais galegos continúa en aumento e son xa 228 as persoas con covid-19 que precisan coidados intensivos, 18 máis que hai 24 horas, período no cal se detectaron outros 1.500 contaxios de coronavirus, 1.259 a través de positivo en proba PCR. Así se desprende da actualización dos datos da pandemia publicados pola Consellería de Sanidade con información solicitada ata as 18,00 horas do venres 29 de xaneiro.

Ata ese momento, durante as 24 horas anteriores, Sanidade descubrira 1.492 contaxios de covid-19 a través de calquera tipo de proba diagnóstica. Os postivos por PCR foron un total de 1.259 das 13.890 probas practicadas, o que supón unha positividade do 9,4%, de novo dobrando o limiar que marca a OMS para dar por controlada a pandemia.

Pero o foco continúa na situación nos hospitais, onde este sábado baixa o total de ingresados aínda que en aumenta, practicamente nos mesmos termos, o número de pacientes que necesitan coidados intensivos. Así, as áreas sanitarias notificaron un total de 1.312 persoas con diagnóstico covid-19 ingresadas, o que supón 19 menos que 24 horas antes. Con todo, as UCI acollen a 18 persoas máis respecto ao día anterior e marcan novo teito da pandemia con 228.

Na análise por distritos, Lugo é a única por baixo da centena de hospitalizados, aínda que soben ata os 78 (+6), con 21 deles en UCI (+5). Tamén na área de Lugo se detectaron 179 contaxiados e queda cun total de 2.121 positivos (+112).

SITUACIÓN “PREOCUPANTE”

O xerente do Sergas, José Flores, admite a situación “preocupante” pola incidencia da Covid-19 e o aumento da presión hospitalaria, aínda que afirma que Galicia ten aínda “capacidade de crecemento” para atender a pacientes críticos, cifrando nunhas 785 as camas que se poderían usar entre hospitais públicos e privados.

“Preocúpanos en xeral a ocupación hospitalaria”, afirma o xerente do Sergas ao ser preguntado sobre a situación nas unidades de coidados intensivos (UCI). Sobre as áreas sanitarias, alude, en particular, á da Coruña. “Quizais a máis comprometida”,apunta .

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

RIOTORTO, EPICENTRO DA ARTESANÍA DO FERRO DE GALICIA

A XV Feira de Artesanía do Ferro foi presentada o pasado 18 de abril coa presenza...

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....

Sesión informativa sobre cambios normativos que lle afectan ás persoas con dano cerebral

A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) vén de editar unha 'Guía legal' que recolle os principais...