InicioComarca de SarriaDetectan 17 contaxiados máis na residencia Nosa Señora do Carme de Sarria

Detectan 17 contaxiados máis na residencia Nosa Señora do Carme de Sarria

É un dos centros de maiores máis afectado de Galicia, con 74 persoas contaxiadas.

Publicado o

- Advertisement -

O número de usuarios en residencias de maiores contaxiados con covid-19 en Galicia descendeu a 442, dez menos que na xornada anterior tras producirse 44 positivos e 45 altas, ademais dos nove falecementos comunicados polas autoridades sanitarias nas últimas horas. Así se desprende da actualización das cifras da pandemia nos centros de maiores de Galicia que cada día ofrece a Consellería de Política. En total, hai nestes momentos 442 usuarios contaxiados, así como 257 traballadores de xeriátricos afectados pola covid-19.

As autoridades notifican 44 novos positivos nos xeriátricos, dos cales, 17 producíronse na residencia Nosa Señora do Carme de Sarria. Así mesmo, a residencia Santa María de Verín informa de cinco novos casos entre os seus usuarios, mesmo número que traslada A Milagrosa da Coruña, mentres que a DomusVi de Carballo, ten tres usuarios máis con coronavirus activo.

Ademais, hai outros seis centros que informan de dous novos casos entre os residentes –residencia de Vilardevós, Pai Rubinos da Coruña, DomusVi Laraxa de Cabanas, O Casón de Moeche, Bande e As Angélicas de Vigo–, así como dous xeriáticos que suman un novo usuarios contaxiado –O Incio e A Pastoriza–.

A residencia Nosa Señora do Carme de Sarria convértese, con 74 usuarios contaxiados, no centro máis afectado nestes momentos ao superar á DomusVi Carballo, que se mantén en 77. 

Ademais, hai que contabilizar no balance diario da situación nas residencias os nove falecementos de usuarios de centros de maiores notificados polas autoridades sanitarias que eran residentes de Paz y Ben de Tui, Ribeira, Santa María de Verín, Mi Casa de Ferrol, San Lázaro e San Sebastián de Ribadeo, Blanco Amor de Boborás, DomusVi de Carballo (2) e Virxe da Clamadoira de Muíños.

TRABALLADORES

Pola súa banda, este sábado baixan 257 os traballadores con covid-19, sete menos que hai 24 horas despois de producirse 16 altas e sete positivos.

Entre os centros con máis traballadores con covid inclúense a residencia DomusVi Carballo, con 30, e a Residencia da Pastoriza, con 23.

CENTROS DE DISCAPACIDADE

En canto aos centros de atención á discapacidade de Galicia baixan minimamente os usuarios contaxiados ata os 107 (-1) tras un positivo na García Naveira de Betanzos e dous falecemento de usuarios da Pai Menni de Betanzos e da nosa Señora de Fátima e Cristo Rei de Crecente.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Este día 9, Cantos de Taberna na Pobra do Brollón, Salcedo e Cereixa

O evento comezará ás seis da tarde e rematará o circuíto ás once da...

Ata o 12 de decembro pódense solicitar prazas na Ludoteca de Nadal de Sarria

“Sarria Concilia 2023-24” ten prazo aberto de inscrición ata o 12 de decembro....

Concerto da soprano, Aida Gimeno, o 9 de decembro en Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais organizan esta proposta que achega ao...

Pintores de Carballedo, nacer en Carballedo ten o seu aquel artístico

Xosé Randolfe Vilariño é un dos ilustres de Carballedo, nado no lugar de Quintá...