HomesociedadeComo nos afecta a pandemia: medo, ansiedade e inseguridade sobre o...

Como nos afecta a pandemia: medo, ansiedade e inseguridade sobre o futuro

Carmen Patiño, psicóloga de emerxencias, fala de como abordar os temas da soidade e da incerteza para darlle unha resposta aos momentos de maior frustración en tempos da COVID. O que recomenda é non abandonar son as rutinas para non perder a esperanza, interactuar na medida do posible coa familia e non deixarnos levar pola desesperación.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

-Aínda que non estamos en confinamento obrigatorio como en marzo do ano pasado, as autoridades recomendan o autoconfinamento. As persoas somos capaces de asumir que podemos illarnos da sociedade por unha cuestión como a COVID?
As persoas temos unha enorme capacidade de adaptación aos cambios, pois mesmo nunha situación tan anormal como esta da pandemia, considerase que  só un 15 ou 20% da xente máis vulnerable sufre problemas psicolóxicos derivados da ameaza que supón o coronavirus.
Polo tanto, máis que estar preparadas eu diría que temos unha enorme capacidade de adaptación aos cambios que se produzan e, se ademais temos en conta que estamos a xogar con vidas humanas, con máis razón temos que adaptarnos á nova realidade e polo tanto autoconfinarnos se así o precisamos para poñer fin a esta situación.  Isto no ten por que supoñer illarnos da sociedade. A día de hoxe boa parte da nosa vida faise a través das Redes Sociais e da Internet; vémolo claramente na xuventude e tamén nos adultos que estamos a facer teletraballo. Evidentemente pérdese parte da interacción social que ten o cara a cara, alén diso é ben certo que este auto confinamento que se nos está a pedir e moi diferente ao de marzo, e tan só resta parte desa interacción con coñecidos ou persoas alleas aos nosos núcleos familiares. Iso, ou senón esíxenos interaccións mais pequenas en canto o número de persoas coas que relacionarnos.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...

O PP advirte que “o Goberno de Sánchez non compromete unha data para o remate da rehabilitación da N-540”

Os deputados do PP no Congreso por Lugo e Ourense consideran preocupante que “o...

Xornada de formación ambiental e pesca responsable en Monforte

A cidade de Monforte acolleu unha interesante xornada formativa sobre medioambiente e pesca responsable...