Homesociedade360.000 euros para mellorar estradas provinciais na comarca de Lemos

360.000 euros para mellorar estradas provinciais na comarca de Lemos

Na zona sur benefícianse os concellos de Sober, O Saviñao e Bóveda.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

En materia de estradas provinciais, José Tomé, responsable directo da área de Xestión Territorial, anuncia que se aprobaron diferentes pasos administrativos para a posta en marcha de obras en máis dunha ducia de estradas por preto de 1.160.000€. Na zona sur benefícianse os concellos de Sober, O Saviñao e Bóveda.

– En Sober aprobouse a adxudicación do acondicionamento da estrada LU-P-5903, que une Sober con Doade. A Deputación arranxará preto dun quilómetro desta vía, entre o punto quilométrico 13 e o 13,740.  Estes traballos teñen un orzamento de 97.385,75€, e un prazo de execución de 9 meses. Trátase dun dos tres tramos que unen Sober coa estrada autonómica de Monforte a Castro Caldelas pendentes de acondicionar, segundo explicou o Presidente. Esta estrada ten relevancia social e económica, pois pasa pola parroquia de Amandi, e dá servizo á veciñanza e ás persoas que se achegan á zona.

– No Saviñao aprobouse a aplicación de remanentes producidos na adxudicación de investimentos incluídos inicialmente no Pan Único 2020 para o financiamento da adecuación dunha ducia de estradas por importe de 37.651,57€. 

Tamén neste concello poderán comezar as obras por importe de 133.100€ da vía que une o núcleo de Monforte con Currelos, a LU-P-3202, logo da aprobación hoxe do último paso administrativo, o Plan de Seguridade e Saúde. As actuacións desenvolveranse entre os quilómetros 4 e 6,8. O prazo de execución é de 9 meses.

– En Bóveda a Deputación iniciará as obras na estrada LU-P-0907, a vía que une a parroquia de Teilán co concello de Paradela. Son un total de 3 quilómetros de vía, entre o punto quilométrico 0 e o 3,2.  Estes traballos teñen un orzamento de máis de 93.000€ para renovar o firme da estrada. O prazo de execución é de 9 meses.

ÚLTIMAS

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...

Queres que a túa idea se faga realidade? Recta final para participar no Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra segue buscando iniciativas de emprendemento e...

O Courel pedalea por Palestina

A cita do 17 de maio está promovida por We Rise como parte da...