HomesociedadeAdif licita proxectos de mellora do ferrocarril entre Monforte e Lugo por...

Adif licita proxectos de mellora do ferrocarril entre Monforte e Lugo por 52 millóns de euros

Javier Losada destaca que o compromiso do Goberno co ferrocarril en Lugo tradúcese na licitación de obras por valor de 262,5 millóns de euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo sinala o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, os distintos contratos anunciados por Adif desde o pasado mes de novembro suman 262,5 millóns de euros para modernizar a infraestrutura ferroviaria na provincia de Lugo e, ademais, no mes de xaneiro, adxudicáronse outros dous proxectos máis que suporán un investimento de case 3 millóns”.

“A aposta polo ferrocarril de Lugo é clara, os lucenses poden estar seguros de que traballamos nesa dirección, demostramos que as nosas promesas non son papel mollado, o Goberno ten a vontade e  Adif conta con proxectos e presupostos para levala a cabo”, destacou Javier Losada.

O delegado do Goberno anunciou a licitación dos seguintes contratos de Adif:

  • Execución das obras do proxecto de tratamento de elementos da infraestrutura (pontes, túneis e explanacións) entre os pp.kk. 379+ 750 e 386+474 do treito Monforte-Lugo da liña 800. Importe 9.067.032,13 EUR.
  • Obras de execución do proxecto de tratamento de elementos da infraestrutura (pontes e explanacións) entre os pp.kk. 396+299 ao 405+100 e 413+517 ao 432+265 do treito Monforte–Lugo da liña 800. Importe 13.040.255,22 EUR
  • Obras de execución do proxecto de ampliación do gálibo en pasos superiores, no traxecto non afectado pola variante de San Xiaon, entre Ourense-Monforte-Lugo. Importe 7.586.574,17 EUR.
  • Execución das obras do “Proxecto de tratamento de elementos da infraestrutura (pontes, túneis e explanacións) entre os pp.kk.375+ 305 e 379+750 do treito Monforte – Lugo da liña 800”. Importe 8.796.886,38 EUR
  • Obras de do proxecto de tratamento de elementos da infraestrutura (pontes, túneis e explanacións) entre os pp.kk 386+ 474 e 396+299 do treito Monforte-Lugo da liña 800. Importe 13.464.546,91 EUR.

Nos últimos meses Adif licitou distintos contratos para a mellora da conexión ferroviaria entre Ourense, Monforte de Lemos e Lugo, que inclúen obras como a renovación da vía, a mellora da sinalización e telecomunicacións, a electrificación da liña e a construcción do túnel de Oural, así como as obras de construcción da subestación eléctrica de Oural e os centros de autotransformación ou a  execución de peches en zonas urbanas e pasos viciosos no treito Monforte de Lemos-Lugo.

Ademais, no mes de xaneiro Adif adxudicou os contratos para a redacción dos proxectos de mellora de infraestrutura e vía no treito Covas-Monforte de Lemos e para a ampliación de vías de apartado ata 750 metros de lonxitude útil en varias estacións do treito León-Monforte, dentro dos plans para potenciar o tráfico de mercadorías por ferrocarril.

ÚLTIMAS

Todo listo para o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte

A conta atrás para a sétima edición do 'Festival do Viño da Ribeira Sacra...

As comarcas de Lemos e Quiroga fan que diminúa o paro na zona sur da provincia en xuño

Por comarcas, as de Lemos e Quiroga foron as que tiveron un mellor comportamento,...

O PP pide no Congreso acceso aos expedientes dos contratos na liña ferroviaria Monforte-Lugo que aparecen nos informes da UCO

O deputado monfortino no Congreso dos Deputados, Francisco Conde, e a deputada autonómica...

O BNG demanda a Transportes melloras na N-120A ao seu paso por Pantón

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, sinala a urxencia dos traballos de...