HomesociedadeTorre da Homenaxe en verde polo Día Mundial contra o Cancro

Torre da Homenaxe en verde polo Día Mundial contra o Cancro

O Concello de Monforte súmase este xoves, día 4 de febreiro, ós actos conmemorativos do Día Mundial contra o Cancro. Como xesto simbólico e en sinal de apoio ás persoas afectadas por esta enfermidade, na noite do xoves 4 de febreiro procederase á iluminación da Torre da Homenaxe de San Vicente de cor verde.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Cada ano, o 4 de febreiro, celébrase o Día Mundial contra o Cancro como recordatorio do compromiso de toda a sociedade na loita contra esta enfermidade. Deste xeito, o obxectivo desta conmemoración é concienciar á sociedade da importancia da investigación e o diagnóstico precoz desta enfermidade.

Neste senso, o  Alcalde sinala que “dende o Concello de Monforte, sumámonos a esta iniciativa e queremos facela extensiva a toda a cidadanía iluminando de verde a Torre da Homenaxe, pois cancro é unha enfermidade que desgraciadamente está moi estendida na nosa sociedade”.

O cancro pódese considerar como o problema sanitario, social e económico máis importante que ten o noso país. Cada ano diagnostícanse en España en torno a 275.000 casos novos e existen ao redor de 1,5 millóns de persoas afectadas por esta enfermidade. 

Por esta razón, o Concello de Monforte súmase ó chamamento da Asociación Española contra o Cancro (AECC), asociación que dispón dunha serie de servizos e programas para a atención integral das persoas con cancro. 

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...