HomesociedadeA Anpa do CEIP Xoán de Requeixo de Chantada denuncia a discrimación...

A Anpa do CEIP Xoán de Requeixo de Chantada denuncia a discrimación do alumnado das aldeas

A ANPA do CEIP Xoán de Requeixo e un grupo de familias de diferentes aldeas do concello de Chantada manifestan a súa indignación ante a discriminación que están sufrindo os seus fillos e fillas co transporte escolar no CEIP Xoán de Requeixo

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O pasado mes de setembro, co curso xa iniciado, o colexio decidía cambiar o horario para xornada continua por motivos relacionados coa prevención da Covid, o que foi permitido pola Administración educativa, pero sen modificar o horario do transporte escolar.

Así, mentres os nenos e nenas residentes na vila poden ir para as súas casas ás 15:00h., os nenos e nenas que precisan do transporte escolar para chegar ás súas casas deben agardar ata as 16:00h. para saír do colexio.

Ante esta “situación impropia dunha escola pública” solicitaron unha reunión coa inspección da que non saben nada e en outubro presentaron un escrito ante a Xefatura Territorial de Mobilidade en Lugo, expoñendo a situación “Ás familias afectadas non nos parece pertinente, dadas as circunstancias sanitarias que levaron precisamente a este cambio de horario, que os nenos e nenas que viaxan no transporte permanezan nos patios exteriores tres cuartos de hora ata a súa hora de recollida ás 16:00h..

E solicitaban: Que o transporte escolar faga a recollida destes nenos e nenas xusto cando remata a hora de comedor (15:15h.), Que se modifique o horario do transporte escolar no CEIP Xoán de Requeixo para que o alumnado que viaxa en transporte escolar estea o menos posible no centro fóra da actividade lectiva e para que este alumnado poida marchar para as súas casas no mesmo horario que o resto do alumnos.

As familias van recoller aos seus fillos e fillas

5 meses despois de ter comezado esta situación seguen sen obter resposta da administración educativa na provincia de Lugo. Ante este desamparo moitas das familias afectadas deciden ir recoller aos seus nenos e nenas para evitar esta espera, xerando un contratempo importante, e unha “vulneración da igualdade de oportunidades que se presupón a unha escola pública. Os pais e nais afectados sentímonos e enganados e abandonados pola administración educativa, que en calquera caso entra en contradición coa lexislación educativa. Como recolle a LOMLOE (art. 82.2.) o “tempo de transporte do alumnado ao seu centro escolar debe ser minimizado”.”

ÚLTIMAS

Despois de 5 concertos péchase con éxito o VI Fest Clásico Ribeira Sacra

Un dos grandes retos do Festival, con sede nos Peares, é reunir a grandes...

A ANPA da Gándara de Monforte denuncia o abandono do parque de xogos

No desenvolmento das súas funcións, a ANPA, dá a coñecer públicamente as deficiencias deste...

“Cine e Cooperación, unha ventá ao mundo”, este 12 de setembro no Cuadrado de Monforte

O Concello de Monforte acollerá este xoves, 12 de setembro, ás 20:30h unha actividade...

O PP de Monforte defenderá no pleno unha correcta planificación do ciclo da auga

O concelleiro, José Luis Rodríguez, lembra que a pasada semana os veciños das rúas...