HomesociedadeAlbores homenaxea coas súas comadres profesións esenciais na pandemia

Albores homenaxea coas súas comadres profesións esenciais na pandemia

Albores saúde mental celebraba o xoves de compadres e este xoves non quixo faltar á cita co xoves de comadres.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nesta ocasión reflexan algunhas das profesións que demostraron ser esenciais durante a pandemia e o feito de que moitas delas están desempeñadas fundamentalmente por mulleres. “Mulleres que ademais teñen o papel de coidadoras no fogar. Polo que cremos que elas son as Heroínas da Pandemia”, aseguran.

Albores cada ano representa ós Compadres e Comadres da Corporación Municipal de Monforte, que por certo, bonecos que logo se queiman. Este ano, pola pandemia, o Concello anulou esta actividade polo que a asociación decidiu mantela viva na súa sede.

O taller no que se fixeron os compadres e comadres está dirixido pola Terapeuta Ocupacional do Centro co apoio de dúas monitoras e axuda a manter certas rutinas que alivian a situación na que se está vivindo.

ÚLTIMAS

Foliada Guímara este venres en Fornelas

As Foliadas Guímaras son unha iniciativa do Concello da Pobra do Brollón co obxectivo...

Oferta pública de ciclos para o novo curso no IES A Pinguela

O IES A Pinguela informa estas semanas da oferta de ciclos para o vindeiro...

Ciberseguridade e delitos informáticos, temas centrais das Xornadas Xurídicas de Sarria

Este mércores 12 de xuño celebrábase a inauguración das XVII Xornadas Xurídicas Román García...

‘Patacón de Abadía’, tapa gañadora do Chantapas 2024

Tras tres días de Chantapas, desde o venres 7 ao domingo 9 de xuño,...