HomesociedadeEntroido fotográfico con premios en Sarria

Entroido fotográfico con premios en Sarria

O concello destina 2.500 euros para a celebración do entroido cun concurso de fotografía a través das redes sociais.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Sarria, a través da Concellería delegada das áreas de Educación, Festas, Muller, Mocidade e Integración, organiza o I Concurso de Fotografía de Entroido 2021.

Poderán participar todos os residentes en Sarria, os menores de 16 anos con autorización, enviando os datos persoais, número de teléfono, correo electrónico de contacto e unha fotografía disfrazado/a a omix@sarria.es entre os días 14 e 19 de febreiro.

A única condición é que os e as participantes aparezan disfrazados, de forma individual ou en familia, pois como xa é coñecido por todo o mundo a pandemia non permite ningún encontro entre non convivintes.

As gañadoras e os gañadores decidiranse nun sorteo entre todos os participantes e os premios serán 25, por importe de 100 euros cada un, para gastar en establecementos de Sarria. Unha vez presentadas as fotos, publicaranse nas redes sociais do Concello.

As bases están publicadas na páxina web do Concello de Sarria.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...