HomesociedadeAs rutas en catamarán pola Ribeira Sacra comezan o 19 de marzo

As rutas en catamarán pola Ribeira Sacra comezan o 19 de marzo

O servizo de catamaráns operará dende o día 19 de marzo e ata finais de ano, sempre adaptándose e cumprindo coas medidas de prevención da Covid-19 que vaian adoptando en cada momento as autoridades sanitarias.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta de Goberno aprobou este venres o encargo á empresa pública Tragsa da prestación do servizo de rutas fluviais en catamarán pola Ribeira Sacra para o ano 2021, con posibilidade de prorrogar nas anualidades 2022 e 2023, e garantir así a estabilidade deste dinamizador económico. O importe económico anual é de case 686.000€.

Segundo a voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, deu conta das novidades do servizo, subliñando o adianto ao 19 de marzo da posta en marcha das viaxes. Afirmou García Porto, que “dende a Deputación de Lugo volvemos a apostar decididamente por ofrecer este servizo turístico público e de calidade porque contribúe de maneira directa e moi importante a dinamizar a economía da Ribeira Sacra axudando á hostalería, ao turismo e ao comercio cando máis o necesitan debido a crise derivada das restricións sanitarias”.

Ademais, indicou Pilar García Porto, o servizo “favorece a proxección da Ribeira Sacra no ano no que esta paisaxe cultural única, estou convencida, será declarada Patrimonio da Humanidade; e é unha maneira eficaz de promocionar o noso territorio a través do turismo, sobre todo neste momento marcado pola pandemia, no que o visitante busca alternativas ao aire libre, en plena natureza e seguras”.

Catamarán Ribeira Sacra / Deputación de Lugo

Tragsa levará a cabo este 2021 diferentes melloras sen coste adicional para a Deputación de Lugo, como o reforzo dunha persoa para a información, xestión de reservas e venda de billetes para os meses de tempada alta; asumir o custe derivado do tempo adicional dos traballadores dedicado a tarefas de desinfección para a prevención do contaxio da Covid-19; proporcionará servizos propios de administración e informática; e dotará aos traballadores de material extra como uniformes e mascaras.

As rutas e as datas

Nesta tempada mantéñense as dúas rutas que se viñan ofrecendo: a Ruta Fluvial Canón do Sil, que parte do embarcadoiro da Deputación Ponte do Sil, e a Ruta Fluvial Cabo do Mundo, que parte do embarcadoiro de Belesar. A primeira é unha travesía de dúas horas que bordea os municipios de Monforte, Sober, Castro Caldelas, Teixeira e Parada de Sil e na que operarán dúas embarcacións cunha capacidade total de 159 prazas: 107 no catamarán Mencía e 52 no monocasco Canón do Sil. A segunda ruta transita polo Saviñao, Pantón e Chantada cun catamarán con capacidade para 72 viaxeiros.

Ambas rutas funcionarán xa no mes de marzo: do venres 19 ao domingo 21, e do sábado 27 ao mércores 31, en horarios de mañá e tarde. En abril e maio haberá rutas de mércores a domingo, tamén en horario de mañá e tarde. A maiores, o 17 de maio tamén sairán os catamaráns co motivo da ponte do Día das Letras Galegas. En xuño, xullo, agosto e ata o 12 de setembro funcionarán de luns a domingo e farán tres viaxes: á mañá, á tarde e á noitiña. Dende o 12 de setembro e ata finalizar a ponte de decembro retomaranse os horarios de temporada baixa, con dúas viaxes por día entre mércores e domingo. Os catamaráns funcionarán tamén na Ponte do Pilar e o 1 de decembro. 

ÚLTIMAS

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...