HomesociedadeBoas novas na residencia 'A nosa Señora do Carmen' de Sarria

Boas novas na residencia ‘A nosa Señora do Carmen’ de Sarria

O Concello de Sarria vén de facer un comunicado público informando da situación actual deste centro asistencial.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

“Estamos a desexar dar boas noticias acerca da situación na Residencia de Anciáns A nosa Señora do Carmen e a de hoxe éo: nestes momentos tan só teñen PCR positiva 9 residentes, que evolucionan favorablemente e serán dados de alta o luns”, trasladan dende o Concello de Sarria.

O resto, tanto residentes como traballadores, teñen unha PCR negativa e atópanse á espera da segunda dose da vacina.

Ademais desta boa nova, o concello lembra que, segundo a información que facilita a Xunta para coñecer a situación actualizada dos concellos en relación á Covid-19, “nesta última semana o número de casos activos baixou moitísimo”. A día de hoxe son 68 segundo o Sergas.

ÚLTIMAS

“Diversidade, autenticidade e carácter”, os tres trazos que lle outorgou Javier Olleros aos aceites de Quiroga

Quiroga vén de celebrar a exaltación do seu ‘ouro verde’ e suma un novo...

Monforte reabre o Parque da Compañía

As actuacións executadas consistiron na substitución do firme do percorrido peonil e do carril...

“Debemos parar a guerra en Oriente Medio e Non esquezades Gaza”, reclama a concentración de Monforte

A concentración en Monforte tivo lugar na Praza de España, ás 12.00 horas. Os...

O BNG de Pantón denuncia que o Centro de Saúde non contará co terceiro médico

Lembran desde o BNG de Pantón que levan tempo denunciando a falta de médicos...