HomesociedadeLucía Varela na final da fase autonómica da Olimpíada de Bioloxía

Lucía Varela na final da fase autonómica da Olimpíada de Bioloxía

O IES A Pinguela de Monforte felicita a Lucía polo éxito que supón entrar na final da XVI Olimpíada de Bioloxía (Fase Autonómica Galega), e deséxalle sorte na final.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Un dos 20 alumnos/as que participarán na fase presencial da Olimpíada de Bioloxía en Vigo é Lucía Varela Méndez de Bacharelato Ciencias do IES da Pinguela. Esa fase realizarase o venres día 19 de febreiro.

Na fase clasificatoria, ademais de Lucía Varela, participaron as alumnas
Nuria Fernández e Lara Moure. Desde o centro felicitan ás tres “xa que realizaron un esforzo importante que seguro repercutirá nos seus coñecementos e no seu amor pola materia. Felicitamos tamén ó departamento de Bioloxía polo traballo realizado.”

A XVI Olimpíada de Bioloxía (Fase Autonómica Galega) convócaa a Asociación Olimpíada Española de Bioloxía (OEB) baixo o patrocinio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, Colexio Oficial de Biólogos de Galicia (COBGA), Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña, Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela, Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo, Directora do Grupo de Traballo de Bioloxía da Selectividade (CIUG) e Inspección de Educación da Xunta de Galicia.

ÚLTIMAS

“Diversidade, autenticidade e carácter”, os tres trazos que lle outorgou Javier Olleros aos aceites de Quiroga

Quiroga vén de celebrar a exaltación do seu ‘ouro verde’ e suma un novo...

Monforte reabre o Parque da Compañía

As actuacións executadas consistiron na substitución do firme do percorrido peonil e do carril...

“Debemos parar a guerra en Oriente Medio e Non esquezades Gaza”, reclama a concentración de Monforte

A concentración en Monforte tivo lugar na Praza de España, ás 12.00 horas. Os...

O BNG de Pantón denuncia que o Centro de Saúde non contará co terceiro médico

Lembran desde o BNG de Pantón que levan tempo denunciando a falta de médicos...