HomesociedadeUSO-Galicia reclama ao concello de Monforte que modifique a data do exame...

USO-Galicia reclama ao concello de Monforte que modifique a data do exame para Policía Local

FAC-USO denuncia que máis de 280 opositores a Policía Local veranse afectados pola coincidencia do inicio do proceso selectivo da AGASP e do Concello de Monforte de Lemos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Federación de Atención á Cidadanía da USO-Galicia considera un “verdadeiro despropósito” que, tendo xa publicado a Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) no DOG do 20 de xaneiro, a data do primeiro exercicio do proceso selectivo, para o próximo 26 de febreiro, o Concello de Monforte de Lemos establecese, o pasado 9 de febreiro, a mesma data para iniciar tamén as súas probas a Policía Local.

FAC-USO Galicia denuncia que esta coincidencia na data de inicio do proceso de selección afecta a máis de 280 opositores aos corpos de Policía Local, que xa abonaron as súas taxas para estes procedementos, “e ven frustrados todos os seus esforzos preparatorios ao ser convocados o mesmo día.”

FAC-USO Galicia enviou un escrito dirixido ao Concello de Monforte de Lemos solicitando que modifique a data de exame, para que os afectados poidan examinarse nos dous procesos selectivos e non limitar aos opositores o dereito de acceso por quenda libre aos corpos da policía local.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...