HomesociedadeDous detidos tras protagonizar un tiroteo en Monforte con varios coches implicados

Dous detidos tras protagonizar un tiroteo en Monforte con varios coches implicados

A Policía baralla un asunto de drogas ou de compravenda de vehículos entre as hipóteses.

Publicado o

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional detiveron a dous homes con antecedentes pola súa suposta implicación nunha disputa e persecución con disparos no municipio de Monforte de Lemos.

Un deles foi detido en Monforte e o outro en Ourense. Os dous contan con antecedentes. A Policía trata de esclarecer a causa da orixe da disputa ocorrida na tarde deste xoves pasado en Monforte de Lemos con varios coches implicados, un dos cales se accidentou e os seus ocupantes escaparon á carreira.

As mesmas fontes policiais indicaron que se barallan dúas hipótese: un asunto relacionado con drogas ou ben coa compravenda de vehículos, que os investigadores tratan de aclarar.

MÁIS DETENCIÓNS

A investigación en relación con estes feitos segue aberta e búscase a máis persoas implicadas, polo que a Policía non descarta novas detencións. Ata o momento, así mesmo, hai localizados dous vehículos implicados nestes feitos, nos que ían os dous individuos detidos ata a data pola Policía Nacional.

Por parte deste corpo puntualizouse que na xornada do xoves, tras ter constancia da disputa, colaboraron efectivos da Garda Civil e da Policía Local.

ÚLTIMAS

Comezan as Festas Patronais de Chantada que celebran o 23 o Folión de Carros e o pregón

O Concello de Chantada celebra as súas Festras Patronais na honra á Virxe do...

Monforte pecha as Feiras do Libro en Galicia

As casetas presentes nesta edición son as de A Gata Tola (Santiago de Compostela),...

Este 22 de agosto XV Feira de Artesanía e Produtos da Terra do Incio

Os expositores abrirán os stands ás 11:00h para media hora dar comezo aos obradoiros...