HomesociedadeNova directora para un novo Hospital

Nova directora para un novo Hospital

A doutora Inmaculada Ramos foi nomeada este venres, directora do Hospital Comarcal de Monforte, converténdose na primeira muller que accede ao cargo. Con orixes no Concello de Quiroga, é licenciada en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela e especialista en Cirurxía Xeral e do Aparello Dixestivo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Inmaculada Ramos conta cunha ampla experiencia dual en direccións médicas tanto en hospitais públicos de España, como en empresas de servizos sanitarios. Desde 2016 é vicepresidenta de ASOMEGA, Asociación de Médicos Galegos en Madrid.

Este venres, na toma de posesión, amosaba a sua satisfacción por ser a primeira muller que desempeña este cargo, “é para min unha honra ser a primeira muller que o vai desempeñar. Veño á miña casa e este é o noso hospital, por aquí pasaron e seguirán pasando, familiares, amigos e veciños. É un gran reto para min que este sexa o noso hospital de referencia, que todos os que traballamos aquí esteamos orgulloso delo. Podo ofrecer compromiso, traballo e ilusión; conto con vós porque xuntos somos máis fortes.”

No acto de nomeamento anunciábase un novo paso na reforma integral do hospital público de Monforte, polo que a nova directora ademais de xestión sanitaria encargarase da xestión destas actuacións de mellora.

Inmaculada Ramos / Facebook ondaceromonforte

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...