HomeMedio ambiente e PatrimonioMáis de 500 alegacións contra os parques eólicos no Courel e o...

Máis de 500 alegacións contra os parques eólicos no Courel e o Bierzo

A Asociación A Volta Grande do Courel informa de máis 500 alegacións recollidas contra a instalación de macroparques eólicos no Courel e o Bierzo, que danarían estes territorios..

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Veciñanza de Folgoso, Quiroga, o Barco de Valdeorras, Redondela, Compostela, Cambre, Abegondo, Ribeira, Soutomaior ou Cangas organizaron recollidas colectivas de alegacións que demostran o “amplo rechazo popular a esta agresión contra a montaña do Courel e o Bierzo.” Máis dun cento de alegacións foron presentadas de forma virtual con certificado dixital, “cada unha destas alegacións persoais representa un esforzo e un compromiso na defensa do Courel, especialmente na situación de restricións pola pandemia,” sinalan desde A Volta Grande do Courel.

Nos últimos días, a páxina de facebook Courel Livre de Eólicos dinamizou, xunto a outros coletivos como a Rede Galega Stop Eólicos ou Aldeas con Horizontes, unha campaña de protesta contra a instalación de eólicos de máis de 200 metros de altura na montaña leonesa que linda co Courel, cunha rede de evacuación de enerxía de 50 quilómetros que afecta a máis de dez concellos galegos, como Quiroga ou Valdeorras.

A Asociación asegura que “A pesar do curto espazo de tempo para poder organizarnos e defendernos, a resposta veciñal é exemplar e anuncia unha oposición masiva diante deste conflito que ameaza con impactar gravemente no patrimonio social, natural, cultural e paisaxístico do Courel.”

“Se non se evita será un duro golpe sen volta atrás”

A previsión é instalar 22 muíños de vento de 198 metros de altura, no concello leonés de Barxas, xusto no límite de Rede Natura. Os muíños son da empresa pública norueguesa Statkraft, muíños de última xerazón, de máis de 200 metros de altura, tres veces a catedral de Santiago. “Lugares de alto valor social e natural, como o val de Visuña, o faial de Busmaior, ou o Cebreiro, sufrirán agresións que non teñen volta atrás, cun impacto que, se non o evitamos, porá en perigo as fontes, afectará a economía local, trastornará a vida da poboación e afectará a paisaxe e a fauna e flora local,” insiste o colectivo. 

Montañas do Courel. Foto: XMF

Desde a Volta Grande do Courel aseguran non aceptar que, “coa complicidade dos responables políticos, traten de nos vender que os megaproxectos eólicos son a solución á crise climática e unha oportunidade para o desenvolvemento das zonas rurais da montaña. Os intereses empresariais das corporacións non poden estar por riba da protección dos recursos ambientais e patrimoniais da zona, nin dos dereitos a vivir dignamente aquí.”

Desde A Volta Grande do Courel aseguran seguir padecendo numerosos cortes de luz e moitas deficiencias nos servizos e cren que este proxecto repercutirá, aínda máis negativamente, na economía da zona. Consideran que “se non se evita será un duro golpe sen volta atrás” por iso chaman á veciñanza a loitar por preservar os valores ambientais e esixen aos gobernos de Noruega e de España e ás Xuntas da Galiza e de Castela e León que paralicen de inmediato “este atentado contra o Courel e o Bierzo.”

ÚLTIMAS

Mostra dos carteis presentados ao XXI Concurso das Festas Patronais 2026 de Monforte

O Concello de Monforte vén de abrir ao público na Casa da Cultura a...

Chantada presenta o cartel e a programación das Festas Patronais que se celebran do 20 ao 25 de agosto

Nas actividades destaca, como sinalou o concelleiro de Cultura, Manuel Diéguez Carballo, a promoción...

Co peche do estacionamento do Parque dos Condes comeza o dispositivo especial de tráfico para as Festas de Monforte

Este dispositivo especial regula tanto o tráfico da cidade como as zonas de aparcamento,...

250.000€ da Deputación para mellorar camiños municipais en Láncara

O acto central da visita foi a sinatura dun novo convenio interadministrativo entre a...