HomesociedadeJulia Otero anuncia que ten cancro e apártase da radio para tratarse

Julia Otero anuncia que ten cancro e apártase da radio para tratarse

"Entre quimio e quimio dareime unha volta pola radio", asegurou.

Publicado o

- Advertisement -

A directora e presentadora de ‘Julia na onda’, a galega Julia Otero, anunciou este luns no seu programa de Onda Cero que padece cancro e que se aparta un tempo da radio para someterse ao tratamento.

“O martes pasado nun control rutineiro, deses que todos temos que facernos, chegou a sorpresa. Nun recuncho apareceron células egoístas, como a chama o doutor López Otín”, explicou a presentadora durante o seu programa radiofónico.

Segundo informou Onda Cero, Julia Otero recoñeceu que “a palabra cancro dá medo“, pero engadiu que está “a aprender a pronunciala en primeira persoa desde fai seis días”. “Non é fácil, pero aí estamos. Ás cousas hai que chamalas polo seu nome”, subliñou.

Desta forma, Julia Otero avanzou que estará afastada dos micrófonos por algún tempo, pero agregou que ten intención de non desconectar totalmente das ondas. “Entre quimio e quimio dareime unha volta pola radio“, asegurou.

Así mesmo, Otero mostrou o seu agradecemento “ás mozas e mozos de ‘JELO'”. “Este é un equipo extraordinario en todos os sentidos. Profesionalmente son moi bos, pero o seu forte é a categoría humana”, salientou.

“Non quero esquecer aos meus xefes de Onda Cero e Atresmedia, porque non hai día que non reciba deles unha dose de mimos e pensamentos positivos”, afirmou a xornalista.

Mentres Julia Otero estea afastada dos micrófonos, Carmen Juan, xunto co equipo habitual de redactores e colaboradores, estará á fronte de ‘Julia na onda’.

ÚLTIMAS

‘Miconcurso de tapas’, iniciativa dos Lactourus para dinamizar a hostalería de Monforte

A Asociación Micolóxica Os Lactouros organiza os vindeiros mércores 18 e xoves 19 de...

Interrompida a circulación ferroviaria entre Sanclodio-Quiroga e Monforte

Adif vén de comunicar na súa páxina web e nas redes sociais unha interrupción...

FEARS celebra o 12 de decembro en Pantón un foro sobre o futuro da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade

No encontro reflexionarase colectivamente sobre a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial e...

A Deputación licita melloras en estradas de Sarria, Láncara e O Saviñao

A Deputación licita un investimento de superior ós 915.000 euros para o arranxo e...