HomesociedadeEnsino no Courel: A quen lle importa o rural?

Ensino no Courel: A quen lle importa o rural?

"Lugar De" achégase á situación do ensino público nas zonas rurais de Galicia afondando no caso do transporte escolar de Folgoso do Courel. "Exemplos de como a administración pon trabas ao ensino rural e á propia subsistencia destas vilas," Xarda.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

“Lugar De” é un proxecto multiplataforma promovido por Xarda, un grupo de xornalistas unidos como “cooperativa feminista, antirracista, antifascista, ecoloxista, anticapitalista e que cre na cooperación entre as persoas.” O primeiro vídeo de “Lugar De…” afondaba na sanidade púbica e universal? e na segunda entrega tratan a situación do ensino público nas zonas rurais de Galicia a través dos casos de Luaña, O Courel e Mazaricos. “Exemplos de como a administración pon trabas ao ensino rural e á propia subsistencia destas vilas,” sinalan.

Á situación en Folgoso do Courel refírense así “cun concurso para licitar o transporte escolar que favorece a grandes empresas e impide que os taxistas da zona, que levan trinta anos dando este servizo, opten a el.” As entrevistas recollidas no vídeo inciden na desigualdade que supón isto para as crianzas do rural, no caso de Folgoso do Courel o cambio de licitación no transporte “provocaría que os poucos nenos e nenas de Romeor tiveran que facer dúas horas de coche cada día.”

No audiovisual falan sobre estes temas e reflexionan sobre os problemas e os beneficios do ensino no rural o taxista e pai Pedro RomeoPilar Veiga da ANPA do Colexio Uxío Novoneyra; Lucía Forján da ANPA da Unitaria da Luaña e Mayka Cacheiro, profesora e parte da Federación Provincial de ANPAS Coruña-Costa da Morte.

Cacerolada Colexio Folgoso do Courel / Anpa Folgoso do Courel

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...