HomesociedadeQue me poño?, taller de imaxe persoal no IES A Pinguela

Que me poño?, taller de imaxe persoal no IES A Pinguela

Os alumnos do CS de Estilismo e dirección de peiteado do IES A Pinguela participaron nun obradoiro de Imaxe Persoal a cargo das asesoras de imaxe, Montse Guals e Elisabet Olivé, autoras dos libros “Qué me pongo?” e “Y yo qué me pongo” e fundadoras da empresa de Barcelona “Quemepongo".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

“Quemepongo”, é un centro de formación e asesoramento de imaxe e persoal shopper con delegacións por todo o país, con mais de 20  anos de experiencia no sector da imaxe persoal e corporativa e que contan cunha metodoloxía propia adquirida ó longo dos anos a partir dun estilo moi próximo e persoal, valores que seguen latentes nos profesionais de  “Quémepongo” e que aplican en cada un dos seus servizos.

Os alumnos coñeceron como sentirse seguro cun mesmo é a clave do éxito persoal e profesional. A formación no taller impartido centrouse na definición dos compoñentes da imaxe persoal e as claves para descifrar os códigos de imaxe, como se perciben as formas, as liñas, os volumes e as cores asociadas á imaxe persoal, para despois establecer unhas pautas que propicien potenciar a imaxe a través da  harmonización e o contraste.

Por outra banda o alumnado traballou tamén na concreción duns criterios para detectar cal é a proxección da imaxe persoal e determinar os estándares de peiteado e maquillaxe para os diferentes niveis de etiqueta social, para poder así elaborar propostas de deseño puntuais ou definitivas, segundo o seu ámbito de aplicación empresarial, artístico ou social.


IES A Pinguela obradoiro “Quemepongo” / IES A Pinguela

ÚLTIMAS

Respira, II Xornadas de Benestar do 8 ao 10 de outubro no Ateneo Casino de Monforte

O Ateneo Casino acollerá do 8 ao 10 de outubro un encontro que convida...

6 compañías do sur da provincia no Circuíto de Teatro Afeccionado que ten en marcha a Vicepresidencia da Deputación

A Vicepresidencia da Deputación ten en marcha unha nova edición do Circuíto de Teatro...

Cortes de tráfico este 6 de outubro na Avda de Galicia de Monforte por obras de asfaltado

Esta actuación forma parte da mellora da Avenida de Galicia e a rúa Chantada...

Pantón comeza este 6 de outubro unha nova tempada de “Por que nos xuntamos os homes?”

En novembro do pasado ano o Concello de Pantón desde o departamento de Servizos...