HomeCulturaXuntanza virtual Sefed Galicia no IES A Pinguela

Xuntanza virtual Sefed Galicia no IES A Pinguela

A actividade organizada polo alumnado de "Organización de Eventos" do Ciclo Superior de Asistencia á Dirección (modular en réxime vespertino), ten por obxecto colaborar no fomento da cultura emprendedora.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A inauguración estivo a cargo do Conselleiro de Educación, Román
Rodríguez.
 O responsable da Fundació Inform, empresa que xestiona o
proxecto SEFED (Simulación de Empresas con Finalidades Educativas) valorou moi positivamente a xornada e a importancia que ten para consolidar unha cada vez máis ampla rede de empresas simuladas internacionais.

O conselleiro destacou a modalidade Dual e a relación coas empresas como a principal opción de futuro da Formación Profesional, “para que os estudantes poidan vivir a realidade do mundo laboral desde o primeiro momento”, e que conta “cunha empregabilidade altisima, un factor moi importante no actual contexto”. O conselleiro lembrou que o IES A Pinguela desenvolve este curso dous proxectos de FP Dual, o ciclo superior de Estilismo e dirección de peiteado e o de grao medio en Calzado e complementos de moda, “este último, implantado este curso, é de oferta única en toda Galicia, dada a súa vinculación co tecido produtivo da zona.

O Conselleiro destacaou neste acto o valor da F.P dual  e a relación coas empresas como a principal opción de futuro na FP. Salientou a alta empregabilidade desta modalidade e “o contacto que supón para os estudantes coa realidade laboral”. Resaltou tamén o emprendemento e dinamismo do instituto monfortino. Desde o centro agradecen a participación do Conselleiro e felicitan ó profesorado e alumnado da familia de Administración polo traballo desenvolvido estas semanas para asegurar ó éxito da xornada.

ÚLTIMAS

A Biblioteca Pública Municipal de Chantada conecta co alumnado e a infancia

Ademais das sesións de contacontos, as instalacións da Biblioteca son visitadas habitualmente polo alumnado...

Quiroga celebra o San Martiño con actos culturais, magosto e música

Dúas grandes actividades culturais centraranse na fin de semana previa a esta celebración. O...

O prestixioso xornalista Andrew Neather visitará a D.O. Ribeira Sacra

Andrew Neather foi crítico de viños do Evening Standard de Londres entre 2005 e...

O PP de Quiroga esixe solucións ás deficiencias no servizo de telefonía móbil e conexión a internet

Dende o Partido Popular lembran que tralos devastadores incendios do pasado verán non só...