HomesociedadeDe recuperar soutos abandonados a comercializar derivados da castaña

De recuperar soutos abandonados a comercializar derivados da castaña

“Nos comezos desta aventura chamáronnos tolos, idealistas ou utópicos”, confesan na súa páxina web. E todo por apostar polo potencial económico da castaña e crer nas posibilidades de conservar e habitar o rural. Oito anos máis tarde aí seguen, loitando contra as tendencias sociais, os males dos castiñeiros -chancro, avespiña, etc-, os lumes e a burocracia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Amarelante Sociedade Cooperativa Galega naceu no 2013, nas Terras de Trives, concretamente en Manzaneda. O obxectivo fixado polos nove socios e socias -Sonia, óscar, Marcos, Natalia, Félix, Davide, Iria, Lito e Luz- era a recuperación de soutos abandonados para a produción de castaña, e a partir de aquí ir dándolle valor engadido ao produto con produtos derivados.

Falamos do proxecto, con máis vagar e profundidade, con Davide Rodríguez. Como xurdiu a iniciativa de montar a cooperativa Amarelante?

Xurdiu diante de preocupacións que a día de hoxe están latentes no tecido social económico ou produtivo no que se ve inmerso o noso rural. Pensamos que se nos marcabamos o obxectivo de recuperar os soutos abandonados e reactivar a produción de castañas de calidade, non só estabamos a facer un traballo da conservación do sistema souto importante, senón que tamén iamos aportar o noso pequecho gran de area no que atinxe a reactivación socioeconómica do noso concello.

Promovemos unha volta ao medio rural, cunha visión integradora, de respecto mutuo, feminismo, solidariedade intraxeracional, desenvolvemento comunitario e participación social, autoxestión e apoio mutuo.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Monforte destina 30.000€ para axudas ao emprendemento e á creación de empresas

As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera dos medios...

Punto limpo móbil para eventos en Sober

O novo punto móbil para eventos, é un dispositivo adaptado de xeito específico para...

Este 25 de setembro preséntanse na Casa da Cultura de Quiroga os resultados de ‘Tecendo Memorias’

Tecendo Memorias naceu coa intención de recuperar, a través da reminiscencia, a memoria das...

O PP de Monforte reclama que a Deputación ceda os terreos da Finca de Tor a iniciativas agrogandeiras

O PP de Monforte defenderá no vindeiro pleno ordinario unha moción para que o...