HomesociedadeBóveda súmase ao pacto dos alcaldes polo clima

Bóveda súmase ao pacto dos alcaldes polo clima

O Concello de Bóveda vén de adherirse ao ‘Pacto das Alcaldías polo Clima e a Enerxía’, o maior movemento mundial de autoridades para loitar contra o cambio climático.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A adhesión a este pacto implica asumir os obxectivos adoptados pola Unión Europea para frear o cambio climático, adoptando as medidas necesarias para reducir, de aquí ao 2030, un 27% do consumo enerxético e un 40% as emisións de CO2, ao tempo que se aumenta un 27% o emprego de enerxías renovables.

Ademais, supón a adopción de medidas de adaptación fronte aos riscos e vulnerabilidades aparelladas ao cambio climático, como son as secas ou unha maior frecuencia dos episodios de temperaturas extremas e chuvias torrenciais.

Unha vez aprobada a adhesión ao Pacto, o Concello debe elaborar e presentar un plan de acción que garanta o cumprimento destes obxectivos no ano 2030.

Este Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible debe incluír medidas para o freo do cambio climático, consistentes na redución de consumos enerxéticos e a substitución de enerxías fósiles por renovables, reducindo así a pegada de carbono do municipio. Estas medidas aplicaranse sobre edificios, instalacións, equipamentos e o transporte, tanto público como privado, e nos ciclos de tratamento de augas residuais e dos residuos sólidos urbanos.

O Concello ten un prazo de dous anos, contado a partir da data do acordo municipal de adhesión ao Pacto, para aprobar este Plan de Acción. Despois, cada dous anos, terá que dar conta dos seus avances na procura dos obxectivos previstos para o 2030.

Esta folla de ruta concrétase en 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable, e mediante esta iniciativa póñense en práctica de xeito máis directo o ODS 13 Acción polo Clima e o ODS 17 Alianzas para acadar os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable. Con este paso, o Concello de Bóveda intégrase no maior movemento mundial de autoridades para a loita contra o cambio climático.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...