HomesociedadeComo celebran este 8M en Monforte, Sober e Chantada?

Como celebran este 8M en Monforte, Sober e Chantada?

Estes concellos, e os seus centros de información á Muller, organizan diversas actividades con motivo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller. O obxectivo, seguir traballando para facer realidade a igualdade entre homes e mulleres e visibilizar unha realidade que aínda existe, e visibilizala sorteando as limitación que na actualidade impón a pandemia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

En Monforte ideouse a Campaña de Sensibilización “#AIgualdadeÉ”. “O noso obxectivo é poñer en valor o traballo que realizan as mulleres no seu día a día e que desenvolve en tódolos ámbitos da sociedade, á vez que sensibilizamos sobre a multitude de discriminacións que están a sufrir as mulleres, coa finalidade última de concienciar á poboación monfortina sobre a necesidade de acadar unha igualdade real e efectiva” indicou a Concelleira de Muller e Igualdade, Margarita López

Esta campaña desenvólvese dende este venres, 5 de marzo, e ata o día 15, a través dos seguintes elementos, que incluirán diversas mensaxes a prol da igualdade:

  • Instalación de 40 carteleiras-banderolas colocadas por toda a cidade.
  • Instalación dun vinilo no Bus Urbano Municipal, para aumentar así a visibilidade e a forza da mensaxe que se quere transmitir.
  • Pancartas conmemorativas no edificio do Concello, no Centro Cívico e na rúa Cardenal.
  • Reprodución dun vídeo de 1.45 minutos elaborado dende o Concello expresamente para este ano, e que será divulgado a través da web e das redes sociais do Concello o propio día 8 de marzo.

A principal novidade que se incorpora este ano a esta campaña será a colocación dunha esfera de helio de 2,5 metros de diámetro, de cor branca, con letras en malva e que se iluminará polas noites no Campo de San Antonio, co lemaMonforte pola Igualdade”. O día 8 iluminarase en malva a Torre da Homenaxe e a lectura do manifesto terá lugar ás 13:05 horas nas principais emisoras de radio da cidade, e o texto do mesmo será divulgado a través da páxina web e das redes sociais do Concello. Nesa xornada estrearase tamén a través da canle YouTube, da web e das redes sociais do Concello o vídeo conmemorativo.

A programación en Monforte completarase coa estrea da obra de teatro Feminíssimas, da Compañía De Ste Xeito Producións, que está incluída no Ciclo da Rede Galega de Teatros e Auditorios do Concello de Monforte. A cita o 25 de marzo ás 20.15 no salón de actos do Edificio Multiusos.

No concello de Sober as actividade conmemorativas do 8M comezaron este venres. Nas Merendas con contos celebrouse un encontro coa emprendedora, Samanta Fernández Cortés.

O vindeiro día 8 faranse lecturas pola igualdade no CEIP Virxe do Carme. Este será o escenario das outras propostas; a do día 9 con contacontos pola igualde con Pedro Brandariz e do 8 ao 12 de marzo, programas de investigación sobre mulleres en Radiouvín.

En Chantada tamén teñen previstas diferentes accións para conmemorar o 8M, “un día destacado no calendario para visibilizar e lembrar a desigualdade aínda existente entre mulleres e homes, así como para reinvindicar os grandes esforzos que continúan levando a cabo as mulleres de todo o mundo”, segundo difunden dende as redes sociais do concello.

Lembran tamén que “a covid-19 fixo aumentar estes esforzos xa que as mulleres están na primeira liña da crise tanto coma integrantes do persoal sanitario coma no seu papel de coidadoras e tamén sufrindo un aumento da violencia de xénero, do desemprego e da pobreza”.

Dentro xa das accións concretas que realizarán destaca a lectura dun manifesto o propio luns, 8 de marzo, na praza do Cantón ás 13:00 h. gardando os protocolos de seguridade sinalados polas autoridades sanitarias.

Tendo en conta as limitacións e recomendacions indicadas polas autoridades sanitarias, entre as que non se recomenda a realización de actividades grupais, decidiron facer difusión doutras iniciativas a través das redes sociais.

Unha delas é unha “Exposición de lecturas non sexistas e coeducativas e contos-libros” durante o mes de marzo no Facebook da Biblioteca Municipal de Chantada; e outra, que se desenvolverá na semana do 8 de marzo, consistente na publicación de diferentes historias, reivindicacións, novas, datos… sobre a situación da muller na sociedade nas redes sociais do concello.

ÚLTIMAS

“Abrazando o bo trato” no Pazo de Tor

Baixo o lema “Abrazando o bo trato” realizouse visita guiada polo museo reparando nas pezas...

O PP lucense esixe garantir a seguridade no tramo de vía Monforte-Ourense

Os deputados do PP lucense amosan "a súa preocupación ante os problemas detectados durante...

A Garda Civil investiga a un gandeiro de Chantada por suposto delito de malos tratos animais

Segundo informaron fontes da Comandancia, nunha inspección realizada por axentes da Garda Civil e...

20 persoas rematan formación no Obradoiro de Emprego de Monforte que pronto comezará unha nova edición

Os participantes no obradoiro levaron a cabo a rehabilitación e restauración das naves da...