HomesociedadeMoción de Por Chantada para "coidar a quen coida"

Moción de Por Chantada para “coidar a quen coida”

Por Chantada presenta ao vindeiro Pleno unha moción demandando emprego e servizos dignos no eido da atención á Dependencia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este 8 de marzo pon máis unha vez o foco nos coidados e a pandemía subliñou a importancia de servizos públicos e de calidade na atención aos maiores. Segundo Por Chantada, “os tempos impoñen a necesidade de tomar conciencia da importancia de Coidar a quen coida.” 

A moción que presenta Por Chantada busca mellorar a atención e os coidados dos maiores, e tamén as condicións laborais de quen os coida e, ao cabo, termos uns servizos públicos de maior calidade. “Coidar o público, coidar @s nos@s.”

Por Chantada pide trasladar á Xunta a petición de que unha das vivendas partilladas para maiores no rural, usando unha aldea abandonada, con fondos Next Generation, se realice na comarca de Chantada, con xestión pública ou por parte de cooperativas sociais ou PEMES da zona.

Trasladarlle tamén a petición de crear máis prazas públicas de Centro de Día na comarca de Chantada, a creación dunha residencia de media estancia de referencia para a Ribeira Sacra, poñer fin á incerteza laboral do cadro de persoal temporal da Galiza azul e do Centro de Día de Chantada.

Na moción de Por Chantada tamén se demanda trasladar á Xunta e á FEGAMP a necesidade do financiamento municipal das escolas infantís e dos centros de día por parte dos Concellos para minguar o elevado impacto sobre as facendas locais; actualizar o módulo do SAF que a Xunta paga aos concellos ata cobrir o 100% do custo real do servizo en prezos e mercado. 

Impulsar desde o Servizos Sociais municipais un Banco de Tempo e redes de solidariedade, especialmente para persoas maiores, dentro dun Programa Municipal de Coidados, que contemple actuacións para reforzar os lazos veciñais e para previr a soidade é outras das demandas, xunto coa apertura desde o Concello dun expediente que aclare as irregularidades e a situación denunciada polas traballadoras do SAF para garantir que se cumpran os termos dos pregos de cláusulas aprobados.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...