HomesociedadeBóveda e Folgoso do Courel celebran o 8M

Bóveda e Folgoso do Courel celebran o 8M

No concello de Folgoso do Courel contan durante todo o mes coa exposición 'Mulleres Galegas na Historia' que se pode ver na casa consistorial. En Bóveda organizan actividades para celebrar o 8M este luns e o vindeiro 13 de marzo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Folgodo do Courel acolle ao longo deste mes de marzo na Casa Consistorial unha mostra en homenaxe a algunhas das mulleres que fixeron historia en Galicia baixo o nome ‘Mulleres Galegas na Historia‘.
Entre elas atopamos a Emilia Pardo Bazán, Filomena Dato, Manuela Barreiro, María Vinyals, Pura Vázquez, Xela Arias ou Concepción Arenal.
Tamén está María Mariño, escritora galega que viviu no Courel e a quen se lle dedicou o Día das Letras Galegas no ano 2007.

A través de diferentes paneis amósanse as biografías e imaxes de 17 mulleres fundamentais na historia de Galicia en diferentes ámbitos como a cultura, a arte e a política. A exposición estará aberta a quen desexe vela ata finais deste mes.

En Bóveda organizouse para esta mañá do día 8 a actividade “Contadas pola igualdade” no CEIP Rosalía de Castro. Ás 12.00 celébrase un acto pola igualdade na casa consistorial e ás 13.00 inaugurarase no centro sociocultural a mostra “Mulleres científicas que cambiaron o mundo.”

Xa para o día 13 de marzo contarase cunha actuación na Praza da Filgueira. Rilo & penadique ofrecerán o espectáculo familiar musical, con historias sorprendentes protagonizadas por mulleres, “O pozo das señoras.”

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...