HomesociedadeDeclárase deserto o proceso selectivo de 3 Policías Locais en Monforte e...

Declárase deserto o proceso selectivo de 3 Policías Locais en Monforte e apróbase nova convocatoria

O proceso selectivo para cubrir as 3 prazas da Policía Local de Monforte foi declarado deserto e levarase a cabo unha nova convocatoria.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Monforte declara deserto en sesión extraordinaria da Xunta de Goberno Local, o procedemento selectivo para cubrir 3 prazas da Policía Local, logo de que ningún dos aspirantes que superara a proba teórica aprobara a parte práctica (probas físicas).

Na mesma xuntanza, celebrada este mércores, 10 de marzo, aprobábase a nova convocatoria dun novo proceso selectivo para a previsión das prazas da Policía Local. As bases que rexerán a nova convocatoria serán exactamente as mesmas que no proceso anteriormente celebrado, bases que foron informadas favorablemente pola Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Consellería de Vicepresidencia da Xunta de Galicia. É dicir, o novo proceso de selección rexerase polas mesmas bases e nas mesmas condicións que na anterior convocatoria.

A convocatoria publicarase nos vindeiros días no Boletín Oficial da Provincia (BOP) e o prazo para a presentación de solicitudes abrirase unha vez que sexa publicada no Boletín Oficial do Estado (BOE).

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...