HomesociedadeInclusión social do colectivo xitano no concello de Monforte

Inclusión social do colectivo xitano no concello de Monforte

O Concello de Monforte, a través do departamento de Servizos Sociais e Igualdade, traballa na inclusión social do colectivo xitano, a través do “Programa de Desenvolvemento Xitano do Concello”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nos últimos meses leváronse a cabo en Monforte, accións formativas para promover unha mellora nas habilidades sociais e competenciais deste colectivo, co fin de acadar a tan desexada integración social na comunidade monfortina.

Así, en decembro de 2020 levouse a cabo un Cursiño de cociña elemental impartido polo cociñeiro Martín Mantilla e no que participaron 22 persoas que elaboraron pratos básicos como  peixe ó forno, purés, guarnicións con verdura, etc… A finalidade última que perseguiu este curso formativo foi que os participantes adquirisen hábitos alimenticios correctos e, a súa vez, promover unha melloría notoria no seu estado de saúde xeral.

Por outra banda, o pasado  mes de febreiro de 2021, tivo  lugar un Obradoiro de pintura, no que se levou a cabo o pintado de instalacións do Mercado Gandeiro de Monforte. O obxectivo deste obradoiro foi a promoción de competencias e destrezas persoais a través dunha acción formativa práctica que favorecese, no futuro máis inmediato, ó acceso ó mercado laboral dos participantes.

O Programa de Desenvolvemento Xitano inclúe ademais actuacións de apoio á inclusión residencial, mediación social e intercultural, prestación de reforzo socioeducativo das persoas menores de etnia xitana en idade escolar obrigatoria así como apoio á inclusión básica a través do fortalecemento de capacidades persoais e sociais e formación dixital e en competencias clave.

Este  programa está subvencionado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e cofinanciado polo Fondo Social Europeo Galicia 2014-2020,  para o período comprendido entre o 1 de decembro de 2019 e o 30 de xuño de 2021. Para máis información acerca deste tipo de programas e accións, todos os interesados e interesadas poden dirixirse ás oficinas dos Servizos Sociais Municipais, emprazados no primeiro andar do Centro Cívico Social, no Paseo do Malecón s/n de Monforte, ou no teléfono 982 41 65 41.

ÚLTIMAS

Quere o teu mercado desenvolveuse este sábado na Praza de Abastos de Monforte

Como parte da promoción, dende o Concello de Monforte, organizaron unha degustación de produtos...

D 4 ao 6 de xullo celébrase a VII edición do Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte

A montaxe e deseño dos stands, continúa a liña de edicións anteriores, pero modifícase...

Rematan os traballos de acondicionamento do Bolo de Betote, en Sarria

A Xunta acaba de executar unha actuación para acondicionar e poñer en valor o...

Un novo éxito para a edición de 2025 de ‘Marida Maio’

As xornadas enogastroturísticas da Ribeira Sacra, coñecidas como Marida Maio, celebraron este pasado xoves...