HomesociedadeVolve a actividade á piscina municipal de Monforte

Volve a actividade á piscina municipal de Monforte

O programa está dirixido a nenos/as e adultos/as nos niveis de iniciación e perfeccionamento e desenvolveranse en horarios de mañá e de tarde. O prazo de inscrición comezará o mércores 17 de marzo e o inicio dos cursos está previsto para o luns 5 de abril.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A oferta de cursos contará cun amplo abano de posibilidades adaptadas a públicos de todos os tramos de idade.

Cursos Infantis

Dirixido a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 5 anos:

  • Infantil I: luns e mércores de 17:45 a 18:30 h.
  • Infantil II: martes e xoves de 17:45 a 18:30 h.
  • Infantil I: luns e mércores de 18:30 a 19:15 h.

Cursos Nenos

Dirixido a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 6 e os 15 anos:

  • Nenos I: martes e xoves de 18:30 a 19:15 h.
  • Nenos II: martes e xoves de 19:15 a 20:00 h. 

Cursos Bebés

Dirixido a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 6 meses e os 2 anos:

  • Bebés: luns e mércores de 19:15 a 20:00 h.

Cursos a partir de 16 anos

  • Iniciación: luns e mércores de 8:00 a 8:45 h.  
  • Perfeccionamento: martes e xoves de 8:00 a 8:45 h.
  • Iniciación: martes e xoves de 9:15 a 10:00 h.
  • Perfeccionamento: luns e mércores de 9:15 a 10:00 h.
  • Iniciación: luns e mércores de 20:30 a 21:15 h.
  • Perfeccionamento: martes e xoves de 20:30 a 21:15 h.

O prazo de inscrición comezará o mércores 17 de marzo e o inicio dos cursos está previsto para o luns 5 de abril. Todas as persoas interesadas en inscribirse nalgún dos cursos ofertados ou en recibir máis información poderano facer acudindo ás instalacións da Piscina Climatizada Municipal ou ben a través do teléfono 982402646

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, sinala que “co obxectivo de ir recuperando a normalidade na práctica deportiva, imos ofertar cursos de natación durante o segundo trimestre do ano 2021. Trátase dunha oferta adaptada á situación de pandemia na que nos atopamos que vai a contar cun protocolo específico para que a actividade sexa totalmente segura”. 

ÚLTIMAS

Preséntaselle aos concellos o proxecto Turembalses para potenciar o turismo de encoros

“Turembalses dotará ao turismo rural do noso territorio dun elemento de diversificación e atractivo,...

Tres novos vehículos para dar servizo ás zonas rurais da Pobra do Brollón

Os novos vehículos son dúas pick up e un todocamiño que están xa a...

Proxéctase a mellora urxente do Estado Municipal da Ribela

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse co alcalde de Sarria,...

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...