HomesociedadeFormación para o futuro en vitivinicultura e restauración na Fundación Belarmino Fernández

Formación para o futuro en vitivinicultura e restauración na Fundación Belarmino Fernández

O presidente da Fundación Belarmino Fernández Iglesias, Luís Caramés, recibiu este mércores ao vicepresidente segundo da Xunta de Galicia, Francisco Conde, na visita que realizada á institución xunto ao presidente de honra da mesma, Berlarmino Fernández Mazorra.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Luís Caramés destacou a importancia da Fundación para a zona, como elemento dinamizador da formación e a economía. “Apostamos pola educación como principal ferramenta para o futuro. Na Escola fórmanse profesionais en hostalería e vitivinicultura, dando unha alternativa nestes complicados momentos”.

A Fundación evolucionou ata consolidarse como unha marca de calidade, tanto na demanda de formación como na oferta de postos de traballo. O economista resaltou a importancia da Fundación como “nexo de unión desta terra con outros países a través da transmisión de coñecementos, mantendo deste xeito a esencia dos seus comezos e desenvolvendo novas vías de consolidación económica”.

Caramés recalcou a importancia da Fundación cunha destacada proxección iberoamericana a través de actividades e eventos colaborativos que se recuperan en próximas datas entre Galicia e América Latina.

Francisco Conde, agradeceu o traballo da Fundación e a súa contribución ao desenvolvemento económico, social e cultural de Galicia. Neste sentido destacou que a entidade é un exemplo da aposta pola formación- co obxectivo de brindar un futuro á mocidade galega e como factor de competitividade para o rural- e de impulso da internacionalización da economía galega a través da Marca Galicia.

Belarmino Fernández Mazorra lembrou que “a institución avanza cos tempos, adáptase, pero mantemos o espírito de confraternización co que o meu pai iniciou esta andaina hai 25 anos; co ánimo de contribuír ao desenvolvemento económico, social e cultural de Galicia”.

Fundación Belarmino Fernández visita Conde / comunicación Cei

Acompañados pola directora da Escola, Rebeca Vázquez e o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián fixeron un percorrido pola Escola de Hostalería que transcorreu polo laboratorio e a aula de catas onde se forman os futuros profesionais da vitivinicultura.

Fundación Belarmino Fernández Iglesias

A Fundación Belarmino Fernández Iglesias foi fundada en 1996 polo empresario soberino do mesmo nome que, un ano despois, inaugurou a Escola de Hostalería nas súas instalacións. Un proxecto co que o creador buscaba dar aos mozos da comarca e de Galicia unha oportunidade formativa. Na actualidade nas súas aulas 63 estudantes realizan os cursos de técnico superior de vitivinicultura; e os ciclos medios en servizos de restauración e en Cociña e Gastronomía.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...