HomesociedadeUn novo camión grúa para mellorar os servizos de Monforte

Un novo camión grúa para mellorar os servizos de Monforte

Este mércores abriuse o proceso de licitación para a adquisición dun novo camión grúa destinado a facilitar os traballos en altura das brigadas municipais de servizos, relativos ás labores de mantemento e conservación nas instalacións de alumeado público exterior.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O prezo de licitación para a compra deste novo vehículo municipal de servizos estableceuse en 30.000 euros e o prazo para a presentación de ofertas de licitación por procedemento aberto estará aberto dende mañá 18 de marzo ata o xoves 1 de abril. A mesa de contratación está previsto que se celebre  mércores 7 de abril ás 10:30 horas. O prazo de entrega será de 30 días a contar dende a data de formalización do contrato.

“Con este novo vehículo”, destacou o Alcalde, “facilitaremos ó noso persoal de servizos a realización dos traballos en altura relativos ás labores de mantemento e conservación nas instalacións de alumeado público exterior, como pode ser a reposición de lámpadas, de equipos auxiliares, farois, etc. E o vehículo estará equipado cos elementos necesarios para que se poidan desenvolver ditos traballos de forma segura e en condicións ergonómicas axeitadas.”

O vehículo con plataforma elevadora móbil para persoas será do grupo B, do tipo 3. Estará homologado e será apto para ser conducido por persoas con carné do tipo B, disporá de declaración CE. Disporá da máxima maniobrabilidade e fiabilidade posible, cun reducido consumo de combustible e mínimas emisións. Deberá tratarse, tanto o vehículo como a plataforma, de modelos que se encontren actualmente no mercado e que a súa comercialización estea prevista polo menos durante 24 meses desde a presentación da oferta.

ÚLTIMAS

O Circuíto Comarcal de Carreiras de Cros Escolar comeza en Sober o 1 de marzo

Nesta edición participan 4 concellos co seguinte calendario: Sober, domingo, 1 de marzo Carballedo, venres, 13...

Un ouro e unha prata para Atletismo A Gándara no Campionato Galego

A expedición feminina do club monfortino regresou con dous metais e marcas persoais que...

ANPAS de Monforte reclaman ao concello servizo de madrugadores nos colexios públicos

Segundo explican as asociacións, nos últimos meses mantiveron dúas reunións co Concello para explorar...

Esperta Monforte leva a pleno a rehabilitación da muralla e a remunicipalización do servizo de abastecemento

A moción que presentara Esperta Monforte o ano pasado rexeitouse por parte do equipo...