HomesociedadeQue previsións de ocupación ten a Ribeira Sacra para os próximos festivos?

Que previsións de ocupación ten a Ribeira Sacra para os próximos festivos?

Os datos provisionais de ocupación nos establecementos de aloxamento da Ribeira Sacra durante a ponte de San Xosé son do 56% e durante a Semana Santa do 51%.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A ampliación dos horarios, aforos e grupos de non convivientes en exteriores, así como mobilidade permitida entre a maior parte dos concellos de Galicia, son medidas que poden axudar a incrementar as previsións con reservas de última hora. Polo momento para esta ponte os hoteis de 3 e 4 estrelas prevén unha ocupación do 50%, en Turismo Rural do 65% e noutros do 52%.

De cara a Semana Santa, do 1 ao 4 de abril, ao igual que acontece coa ponte, a flexibilización dalgunhas das restricións vai a favorecer o incremento das reservas nos vindeiros días. De momento nos hoteis de 3 e 4 estrelas está ao 42%, no Turismo Rural ao 43%  e noutros ao 67%.

Desde o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra fan un chamamento á responsabilidade individual e colectiva de todas as persoas que visiten Ribeira Sacra, tanto na ponte coma na Semana Santa. “Estamos a falar de concellos de pequeno tamaño con poboación moi envellecida nos que os contaxios poden ter repercusión moi severas. Facemos ese chamamento á cautela a través das nosas redes,” sinalan desde o Consorcio.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...