HomesociedadeLos Jinetes de Trópico reivindican a verbena galega en ‘Got talent”

Los Jinetes de Trópico reivindican a verbena galega en ‘Got talent”

Fernando Estévez e Antonio García, ‘Tonyto’, pasaron este venres polo programa de Telecinco. Sorprenderon co seu reggaeton ‘Furancho’ e prometeron que se volvían traerían unha ‘súper verbena’ ao escenario.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O grupo festeiro nacido na Ribeira Sacra, ‘Jinetes del Trópico’, caracterizado pola súa especial reinterpretación do reggaeton, tivo o seu momento de gloria este venres 19 no escenario de Got talent, en Telecinco.

No vídeo previo á actuación, o músico quirogués Fernando Estévez, comentaba “a gaita é o que levo facendo toda a vida e o que levo mamado na casa desde pequeno”, e engadía “creo que a gaita é un instrumento que non se aproveita o que debería en canto a rexistros”.

Deixando constancia, de entrada, da súa identificación coa música tradicional galega tamén recoñeceu que para mantela viva o fin xustifica os medios: “é moi importante manter as tradicións vivas aínda que sexa cambiando cousas”.

ACTUACIÓN

E chegaba o momento da actuación. No escenario estaba só Fernando Estévez. Dani Martínez, o membro do xurado encargado de recibilo, preguntoulle por que se presentaba a Got talent e a súa contestación foi clara, “polas miñas raíces, pola miña terra e porque quero ensinarlle a España a cultura galega”.

Acto seguido, apareceu en escena Antonio García, ‘Tonyto’, e así comezaba a verbena, interpretando a dúas voces ‘Furancho’, un reggaeton moi galego do repertorio do seu grupo ‘Los Jinetes del Trópico’.

Fernando levaba a gaita no ombreiro pero esta tardou en facer acto de presenza. Tanto é así que o propio Dani Martín dubidaba xa que chegase a soar. E si, ao final da actuación, durante uns 15 segundos a gaita tomou o protagonismo. Fernando baixou incluso do escenario para rematar a actuación tocando diante do xurado.

VALORACIÓN

En canto á valoración do xurado, Edurne deu un si recoñecendo que entrou na actuación e que se lle movía o corpo. Risto Mejide, pola contra, deu un non dicindo que “facer un espectáculo verbenesco non lle parecía axeitado”.

Antes de que Dani Martínez puidese desempatar, Tonyto dixo que se pasaban comprometíanse a montar unha ‘súper verbena’ no escenario na vindeira actuación. Martínez, que empatizou moi ben coa proposta escénica desde o primeiro momento, con esta promesa acabouse de convencer e deu o si definitivo.

E xa no vídeo de despedida que se viu para pechar a súa intervención, Fernando e Tonyto dicían a cámara: “somos rapaces de palabra e se volvemos traemos a verbena”.

Los Jinetes del Trópico / Antonio García

ÚLTIMAS

Sarria celebra dez anos do Esmorga Fest os días 17 e 18 de outubro

O festival comeza o venres 17 ás 20:00 horas coa apertura de portas na...

Publicadas as listaxes definitivas de admitidos no Programa Activa de Monforte que abre prazo extraordinario para cubrir vacantes

Xa están publicadas na páxina web municipal as listaxes definitivas de persoas admitidas nas...

Prodeme participa no Meeting Internacional Special Olympics 2025

Son 9 os deportistas de PRODEME quen viaxaron a Castelló, 7 xogadores compiten na...

‘Xornadas Lactouras’: achegamento á micoloxía desde diferentes perspectivas

Conta atrás para as 'Xornadas Lactouras', un ciclo de actividades arredor da micoloxía que...