HomeCultura"Namoreime dunha pulpeira” quere ser a canción do verán

“Namoreime dunha pulpeira” quere ser a canción do verán

O grupo ‘Los Jinetes del Trópico’ aproveitaron a data de San Valentín para presentar este tema que pretende ser un hit galego e que fusiona música latina coa lingua e costumes galegos.

Publicado o

- Advertisement -

Esta formación musical naceu na Ribeira Sacra alá polo ano 2015 sendo un proxecto orixinal de Toñyto García e Laura Solla. Logo de varios cambios de formación, chegaron á orixinal e actual, Toñyto -voz, trombón e programacións-, Fernando -clarinete, gaita, percusión e voz- e Xan Pérez -saxo, caixón e voz-.

Despois de parir temas como “Cadeleo” e “Furancho”, dous reggaetones en galego, chega “Namoreime dunha pulpeira”, a historia de amor non correspondido profesado a unha vendedora de polbo. Aproveitaron o ‘Día dos Namorados’ para presentar o videoclip que xa está correndo polas redes sociais repetindo a fórmula de facer música latina en galego e con situacións típicas e populares galegas. Falamos con Toñyto García, un dos membros do grupo.

Gravando o videoclip no barrio de Carude de Monforte. Fonte: Toñyto

Como definirías o grupo nunha frase e que estilos tocades?

A nosa frase de guerra é #Peleamossinfaroles que é o significado dos nosos concertos e dos nosos temas: festa, loita e liberdade.

En que medida está o galego presente nas vosas letras?

Estamos máis que orgullosos da nosa lingua, por iso empregámola nas nosas letras, igual que o castelán e o inglés.

Hai que terlle medo e/ou manía ao reggaeton como xénero musical ou hai que integralo e/ou rirse del?

O reggaeton é unha música que xorde do reggae xamaicano, estilo que nos encanta, e cremos que xa é hora de desterralo como unha música machista . Ao igual que nós, este estilo tropical é “enxalzado feministamente” por bandas de éxito nacional como “Tremenda Jauría” ou “Pupilles”.

Pola nosa parte estamos moi contentos que nos nosos concertos a xente poida bailar e sentir o reggaeton de forma cómoda e consciente.

Como xurdiu o tema “namoreime dunha pulpeira” e que esperades del? 

Foi froito dunha noite de esmorga falando do traballo que realizan as típicas pulpeiras galegas. Quixemos enxalzar a súa profesión con esta bachata, na que a muller decide!

Tedes bastantes datas pechadas para actuar neste principio de ano e ningunha en concellos do Sur de Lugo. Coincidencia ou non sodes profetas na vosa terra?

Pois si, temos bastantes datas pechadas ata agosto, a máis importante a principios dese mes en Vilaxoán, no Festival Revenidas.

No sur de Lugo, por desgraza, non se adoita programar tanto como noutros lugares de Galicia. Pero aínda quedan sitios, como por exemplo o Garden de Monforte, que aínda apostan pola música en directo e que por sorte contan con nós. Aproveitamos esta entrevista para lembrar que calquera local, asociación ou festival que queira contar con Jinetes del Trópico contacte con nós por calquera das nosas redes sociais. Estaremos encantados de montar a festa sexa onde sexa!

ÚLTIMAS

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...