Homesociedade“A foto non conta toda a verdade, senón a interpretación do autor”

“A foto non conta toda a verdade, senón a interpretación do autor”

Esta é unha das reflexións ás que chega a Asociación Fotográfica “O Potiños”, do Carballiño, colectivo que trae á Biblioteca do Saviñao a mostra fotográfica “Descrenza”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Biblioteca Municipal do Saviñao convídanos a visitar a mostra fotográfica Descrenza, da Asociación Fotográfica “O Potiños” do Carballiño, e que estará exposta ao público do 22 de marzo ao 9 de abril.

As fotografías estarán no baixo da biblioteca, en horario de 10 a 13:30 h. e de 16:30 a 19:30 h., e manteranse as mesmas restricións de acceso que no resto das instalacións. Obrigatorio o uso de máscara, distancia de seguridade e uso de xel hidroalcohólico dispoñible á entrada.

PRESENTACIÓN DA MOSTRA

“DESCRENZA”

A Asociación Fotográfica “O Potiños” define así a mostra fotográfica que trae ao Saviñao:

Burato. Tronada. Desamor e deserto. Soidade. Pregunta. Escura noite preñada de ausencias… Silencio furado pola mensaxe da pomba das alas rotas. Chega a morte de todas as certezas: dubido, logo existo. Naufraxio das verdades aquelas que nos tiñan escravos. Catarse que nos libera. Descrer todo aquilo que parecía certo, pero que non o era, e voltar ó camiño da busca e da liberdade onde nacen as papoulas frescas.

E tamén na fotografía: Recoñecer que o certo non é certo, que a foto non conta toda a verdade, senón a interpretación do autor. Non reproduce senón que crea. Descrer que nos cortaron as alas para voar co corazón, buscando sempre novos ceos. Renunciar á herdanza do fácil; descrer para inventar, para construír nós mesmos a nosa fotografía, o noso camiño, a nosa vida.

Imaxe do cartel anunciador. Foto: Asociación “O Potiños”

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...