HomesociedadeA Deputación inviste 500.000 euros para completar as melloras da estrada Paradela-Currelos

A Deputación inviste 500.000 euros para completar as melloras da estrada Paradela-Currelos

Os traballos comezarán de inmediato, sempre que as condicións meteorolóxicas sexan favorables. As actuacións inclúen a reapertura de cunetas, aglomerado en quente e sinalización horizontal con pintado da vía mediante marcas viais reflexivas brancas. O prazo de execución estimado é de 6 meses.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou co representante da empresa Ovisa Pavimentos y Obras S.L.U., Juan Sanmartín Ferreiro, o contrato para a execución das obras de mellora e renovación do firme de tres estradas provinciais que conectan o concello de Paradela co núcleo de Currelos, no municipio do Saviñao. Uns traballos nos que a Deputación inviste preto de 500.000€.

As obras consistirán no acondicionamento de máis de 12 quilómetros das estradas LU-P-4201, LU-P-4205 e LU-P-5818. No caso da LU-P-4201, que une Pacios con Mosteirovello, arranxarase en tres treitos, que suman un total de case 2,5 quilómetros: o primeiro tramo vai dende o punto quilométrico 0 ata o 1,235; o segundo, dende o 1,405 ao 1,810; e o terceiro, do 3,435 ó 4,200. Esta é unha estrada que vertebra parte do municipio, dando servizo a unha zona importante da poboación de Paradela.

Na LU-P-4205, que une os núcleos de Aldosende e Foilebar, pasando por Feasita, mellorarase un treito da vía de máis de 3 quilómetros e medio, dende o punto quilométrico 2,331 ao 5,924. 

A terceira vía que se vai arranxar en Paradela é a  LU-P-5818. Os traballos acometeranse dende a intersección coa estrada provincial LU-P-4202 ata o núcleo de Vila. Esta estrada dá servizo a moitas parroquias e núcleos que concentran bastante poboación, como son Valmigallo, Vilacaíz, Carballós e O Amedo. 

O Presidente subliña que “seguimos demostrando que unha da prioridades deste Goberno é a mellora das comunicacións. Cremos que unha boa rede de estradas é fundamental para o equilibrio territorial e para o desenvolvemento do rural, porque axuda a fixar poboación e a achegar os servizos.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...