- Advertisement -
O director xeral de Asistencia Santiaria, Jorge Aboal, asegurou que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) traballa “nos procesos pertinentes” para “levar a cabo” o dereito á eutanasia e incluílo en “procesos de instrucións previas”. Así o asegurou este xoves ao ser preguntado en rolda de prensa polas medidas que leva a cabo a Xunta de Galicia para garantir este dereito trala aprobación da lei orgánica no Congreso dos Deputados.
Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

