HomesociedadeDías sen luz e internet no rural mentres as administracións "alardean" de...

Días sen luz e internet no rural mentres as administracións “alardean” de apostar por el

"Tanto desde a Xunta como desde o Concello acaparan as portadas dos xornais con titulares baleiros, para dicirche a ti o ben que estas con eles gobernando e o ben que vivimos no rural (grazas a eles non é... )," aseguran desde a asociación Buraca das Grellas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A asociación xuvenil Buraca das Grellas do Courel denuncia a situación de abandono á que está sometida a poboación do rural. Lembran que cando hai temporal, moitas aldeas do Courel, quedan sen luz, teléfono e internet, “cousas que nas vilas e urbes non pasan. No que vai de ano xa pasou 2 veces. Volveu a pasar sen temporal, fallou un repetidor, pagado con fondos públicos, (debe ser chino) que instalaron no alto da forca fai anos. O que deixou a aldea de Teixeira incomunicada varios 3 días. Dá noxo ver como  as administracións alardeen de que apoian o rural e ver que a realidade é moi distinta.

Aseguran desde esta asociación que na última década o Concello colaborou na instalación de repetidores de Movistar, “instalacións moi sinxelas que se caen a mínima de cambio. Algúns dirán que é mellor ter estas antenas que non ter nada, xa que hai aldeas no Courel, que aínda hoxe non teñen cobertura para internet nin móbil.” Consideran que o Concello debe esixir ás compañías un servizo decente e antenas completas coa últoma tecnoloxía, “non refugallos que quitan na urbe.”

Segundo Buraca das Grellas non hai vontade de mellorar os servizos porque está aprobado no concello solicitar informes dos fallos ás compañías e “os informes seguen sen chegar. A tecnoloxía avanza , xa van polo 5G nas urbes, e no rural, vemos como non temos tan sequera 3G de calidade, e hoxe iso abócanos máis á emigración, a non poder traballar desde o rural, nin tan sequera a que unha persoa maior poida estar comunicada cos seus.”

Esta asociación conclúe, “Isto , hoxe no 2021 e no medio dunha pandemia,  onde a Xunta de Galicia che di que non podes reunirte con non convivintes nin ir a casa dos pais  e depende onde vivas, tampouco os podes chamar. Pero iso si, tanto desde a Xunta como desde o Concello, acaparan as portadas dos xornais con titulares baleiros, para dicirche a ti o ben que estas con eles gobernando e o ben que vivimos no rural (grazas a eles non é… ). De novo tocará reclamación a consumo, para que esixan ás compañías e administracións iso que sae no Art 14 da Constitución.”

ÚLTIMAS

‘El Monasterio de San Vicente del Pino y su colección diplomática’, interesante charla histórica en Monforte

A Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte de Lemos acolle o venes...

O Concello de Monforte concede a Kern Pharma unha prórroga de 6 meses para iniciar as obras no Polígono

A Xunta de Goberno Local do Concello de Monforte autorizou esta semana conceder a...

Taboada presenta o cartel da Festa do ‘Caldo de Ósos’

En Taboada quentan xa motores para a celebración da XXXIV edición da súa emblemática...

60.000€ da Vicepresidencia da Deputación para o Matadoiro de Sarria e a Festa do Cocido do Porco Celta que se celebra este 31 de...

O vicepresidente da Deputación, Efrén Castro, e o alcalde de Sarria, Claudio Garrido, deron...