HomesociedadeO Incio reparte 25 composteiros domésticos

O Incio reparte 25 composteiros domésticos

O Concello do Incio vén de adherirse ao programa de compostaxe de Sogama a través do cal repartiu onte mesmo un lote de 25 composteiros domésticos individuais aos veciños e veciñas que os solicitaron, de xeito totalmente gratuíto. Tamén se ofreceu un curso de formación para coñecer o modo de emprego.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os composteiros poden instalarse no exterior das vivendas ou nas eiras anexas. Trátase de colectores duns 300 litros de capacidade, que veñen acompañados dun pequeno manual de instrucións no que se explica cómo realizar o proceso da compostaxe de xeito correcto.

O Goberno local considera que a compostaxe é parte da solución para contribuír á redución da pegada medioambiental, para mellorar a nosa contorna e reducir a factura do lixo. Son residuos que non van producir contaminación e que se van aproveitar para xerar enriquecemento do solo dentro da propia vivenda. O proceso é limpo, non produce cheiros e non necesita mantemento.

Con esta técnica, ademais da obtención de compost, conséguense importantes beneficios ambientais e económicos, tendo en conta que os concellos poden ver reducida a frecuencia de recollida do lixo convencional, así como o importe da factura que deben pagar a Sogama pola xestión e tratamento da bolsa negra.

ÚLTIMAS

Moi boas previsións de ocupación turística na Ribeira Sacra para a ponte do Pilar

Segundo informacion que traslada o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, as expectativas de ocupación...

Rexistrados dous tremores de terra en Taboada

Segundo os datos do IGN (Instituto Geográfico Nacional), o primeiro tremor produciuse sobre as...

Labores de mantemento no encoro dos Peares condicionan desde o 12 de outubro as rutas en catamarán polo Miño

A baixada do nivel da auga comezará o vindeiro 12 de outubro, ata acadar...

Renfe ofertará unhas 39.000 prazas para a ponte do Pilar no corredor Galicia-Madrid

Con motivo da ponte do Pilar, Renfe poñerá ao dispor dos viaxantes máis de...