HomesociedadeControlado o lume do Courel con 280 hectáreas queimadas

Controlado o lume do Courel con 280 hectáreas queimadas

A Consellería do Medio Rural informa do control do lume rexistrado no concello de Folgoso do Courel, na parroquia de Meiraos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este incendio comezou ás 23,43 h. da pasada noite e quedou controlado ás 20,05 h. desta tarde. Neste lume foi preciso activar a Situación 2 como medida preventiva, aínda que arestora xa está desactivada ao non haber perigo para núcleos de poboación.

Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é dunhas 280 hectáreas. No lugar traballan 1 técnico, 8 axentes, 22 brigadas, 10 motobombas, 1 pa, 6 helicópteros e 4 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...