HomesociedadeMonforte innovando en queixarías

Monforte innovando en queixarías

Oviganic Ibérica e Leite Noso adquiren a histórica Queixarías Prado de Monforte. O acordo de compra inclúe a continuidade dos 25 postos de traballo da factoría, así como o mantemento dos acordos con tódalas granxas proveedoras.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Queixarías Prado é unha histórica industria do sector lácteo galego, nada no 1982 en Monfore que agora vén de ser adquirida por unha alianza de dúas empresas, co  liderazgo de Oviganic Ibérica e a participación de Leite Noso. O obxectivo dos novos propietarios pasa por aumentar a produción e oferta da queixaría, cunha aposta pola innovación que consolida as perspectivas de futuro da empresa monfortina. 

O acordo garante a continuidade dos 25 postos de traballo e o mantemento dos acordos con tódalas granxas proveedoras, “continunado co seu ritmo de funcionamento habitual, garantindo o suministro a tódalas cadeas de distribución coas que opera, sen cambios nese sentido.”

O novo proxecto para a queixaría do polígono do Reboredo está liderado por Oviganic Ibérica, unha industria asentada tamén neste polígono, con cincuenta y cinco  traballadores e que destacou nos dous últimos anos por un importante investimento para a modernización da súa planta. 

Oviganic Ibérica, propiedade da multinacional china Yeeper desde o 2019, está a poñer en marcha novas liñas de fabricación de leite en po para alimentación infantil de alta gama, así como liñas para a desmineralización de soro e para a elaboración de aceite de manteiga, que serve de ingrediente base para a industria alimentaria.

Leite Noso

A sociedade gandeira que comercializa Deleite e Muuu, participa nesta compra para seguir dando novos pasos na industrialización do leite galego. Desde o seu inicio, Leite Noso significouse no campo por manter contratos estables coas granxas a prezos xustos. 

En abril do pasado ano protagonizou a captación dalgunhas das gandarías máis innovadoras de Galicia, coas que vén executando proxectos de innovación e desenvolvmento en materia de calidade.

Leite Noso xa fora pioneira, no seu nacemento, en ofertar contratos no campo a un ano e no 2020 convertiuse tamén na primeira empresa en ofrecer contratos a tres anos en Galicia, o que lle aporta unha maior estabilidade ás granxas.

ÚLTIMAS

O xeodestino Ribeira Sacra preséntase en Fitur na xornada inaugural deste 22 de xaneiro

Este 22 de xaneiro comeza unha nova edición de FITUR e será na primeira xornada...

O Programa de Teatro de Monforte ábrese este 30 de xaneiro

A programación iniciarase o xoves, 30 de xaneiro, coa obra As gardiás, espectáculo para...

Dous detidos en Chantada por agresión sexual a unha muller con discapacidade

Segundo trasladaron fontes próximas á investigación, os arrestos producíronse na xornada do luns no...

Exposición escolar de banda deseñada na Biblioteca do Saviñao

O obradoiro de Estefanía Padullés, Atrévete a facer o teu propio libro, do Programa...