Homesociedade"O foco do colexio xa está controlado", di o alcalde do Saviñao

“O foco do colexio xa está controlado”, di o alcalde do Saviñao

Di que agora son oito os casos.

Publicado o

- Advertisement -

O alcalde do Saviñao, Carlos Armesto, deu por “controlado” o brote de covid, que afectou especialmente o colexio, o cal elevou o nivel de restricións no municipio ata o nivel alto.

Armesto destacou que a Semana Santa foi “normal” no municipio, a pesar das limitacións. Sinala que nos últimos días deuse a alta médica a unha profesora e a unha condutora do transporte escolar.

“Estamos a baixar, esperamos que non haxa unha repunta”, remarca. Espera que na reunión do comité clínico deste martes se poida facer unha proposta para “volver a unha relativa normalidade”.

Neste momento son “oito os casos”, explica Armesto. Sinala que “se fixo un cribado ao persoal do sector servizos a semana pasada e saíron todos negativos”.

Apunta que “se fixo o cribado na gardaría tamén, no colexio, ao que se someteu todo o persoal ao completo en canto a condutores, cociñeiras, profesores e alumnos, que é onde se tiña o brote”. Así mesmo fíxose o propio con persoal de hostalaría e comercios, xente que “traballa en atención ao público”, o que “dá tranquilidade de que o brote non teña maior alcance”.

Dos 183 veciños chamados a someterse ás probas PCR, 171 acudiron a ese cribado, que arroxou resultado negativo en todos os casos.

ÚLTIMAS

Quiroga adía o desfile de entroido ao 22 de febreiro

A suspensión do desfile de comparsas e disfraces individuais de Quiroga fará posible que...

Celebración do Entroido no Concello do Saviñao

Tras a celebración do xoves de compadres e de comadres en datas anteriores, quedan...

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...